Juan Manuel Sánchez Gordillo

político español

Juan Manuel Sánchez Gordillo, nado en Marinaleda o 5 de febreiro de 1952, é un político, sindicalista e profesor de Historia de Marinaleda, unha vila da provincia de Sevilla. É, dende 1979 alcalde de Marinaleda e, dende 2008 ata 2014 foi deputado por Esquerda Unida no Parlamento de Andalucía.

Infotaula de personaJuan Manuel Sánchez Gordillo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1949 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Marinaleda, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Deputado do Parlamento de Andalucía
Alcalde de Marinaleda
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesGordillo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Sevilla Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Marinaleda Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , sindicalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Unida
Candidatura Unitaria de Trabajadores Editar o valor em Wikidata
MovementoGuevarismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Juan Manuel Sánchez Gordillo durante a marcha obreira do SAT en Cádiz.

Traxectoria editar

Sánchez Gordillo, figura relevante do movemento de esquerdas e nacionalista andaluz,[1] é tamén dirixente do Colectivo de Unidade dos Trabajadores - Bloque Andaluz de Esquerdas (CUT-BAI), do Sindicato Andaluz de Trabajadores (SAT) e da coalición española Esquerda Unida (EU).

Estreitamente vinculado có movemento nacionalista andaluz, a loita xornaleira e a loita obreira en xeral, é alcalde da localidade de Marinaleda (Sevilla) dende as primeiras eleccións municipais tralo franquismo, celebradas en 1979. Como alcalde é impulsor dun programa alternativo que inclúe: unha planificación urbanística que impide a especulación e permite o acceso á vivenda dende 15 euros ao mes a través do sistema da autoconstrución,[2] o completo emprego mediante cooperativas, o mesmo soldo de ao redor de 1.200 euros mensuais para todos os traballadores na vila,[3] a ocupación de leiras de Terratenentes e a inexistencia de policía.[3] Este proxecto apoiase en dous piares principais: a igualdade e a participación dos habitantes nos asuntos do pobo mediante asembleas.[3]

En 2008 foi elixido deputado do Parlamento de Andalucía por EU, representando á provincia de Sevilla. Así mesmo é o máximo responsable do partido político CUT-BAI, integrante de EU, membro do Comité Nacional do SAT e membro do Consello Político Federal de EU, así como secretario de Soberanía alimentaria de coalición.[4]

En decembro de 2011, o Congreso do SAT elixiuno membro do Comité Nacional. En febreiro de 2012, EU nomeouno cabeza de lista pola provincia de Sevilla para as eleccións andaluzas do 25 de marzo de 2012. En ditas eleccións o seu partido ascendeu ata converterse na terceira forza política, e decisiva para decidir co PSOE un goberno de esquerdas. Neste contexto, Gordillo opúxose a formar un goberno conxunto co PSOE, ameazando con escindirse de Esquerda Unida.[5]

O 7 de agosto de 2012, xunto cuns 400 militantes do SAT e tras avisar aos medios de comunicación, subtraeu a modo de protesta mercancías en dúas grandes superficies comerciais (Mercadona e Carrefour) en Arcos de la Frontera e Écija. Sánchez Gordillo definiu a actuación como «expropiación forzosa» e explicou que tiñan a intención de entregalos ao comedor social dunha ONG sevillana.[6] Finalmente os alimentos foron entregados a familias "sen teito" que ocupan un bloque de vivendas en Sevilla.[7]

O 25 de agosto de 2012,[8] Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, Ceuta e Melilla (TSJA) abriu dilixencias contra Gordillo e tres persoas máis por cinco posibles delitos durante a folga xeral que tivo lugar o pasado 29 de marzo en toda España. Delitos, previstos no artigo 315.3 de Código Penal: coaccionar a outras persoas a iniciar ou continuar cunha folga.[9]

Notas editar

  1. "Cuarenta años de lucha por la tierra de jornaleros en Andalucía". Periódico Diagonal. 3 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2013. Consultado o 8 de agosto de 2012. 
  2. The New York Times (26 de mayo de 2009). "A Job and No Mortgage for All in a Spanish Town". 
  3. 3,0 3,1 3,2 «La economía según Sánchez Gordillo». Publicación:Público.com. Autor:LUIS GIMÉNEZ SAN MIGUEL. Lugar da edición:Madrid. Data: 11/08/2012
  4. Público.es (12 de diciembre de 2010). "Cayo Lara culmina un año despois a remodelación da executiva de EU". 
  5. Libertad Digital. "Gordillo amenaza con crear una "escisión" en IU si pacta con el PSOE". 
  6. "Un diputado de IU lleva a 400 jornaleros a asaltar supermercados". El País. 7 de agosto de 2012. Consultado o 7 de agosto de 2012. 
  7. "Los garbanzos del Mercadona ya alimentan a las familias sin recursos de la Corrala la Utopía". El Mundo. 8 de agosto de 2012. Consultado o 10 de agosto de 2012. 
  8. «O TSJA actúa contra Gordillo por coaccións durante a folga» El País. Consultado o 21 de setembro de 2012.
  9. [1] El País.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar