Juan Manuel Iglesias Rivera

avogado e político galego

Juan Manuel Iglesias Rivera, nado en Ourense o 21 de abril de 1940, é un avogado e político galego.

Juan Manuel Iglesias Rivera
Nacemento21 de abril de 1940
Lugar de nacementoOurense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense. Funcionario do Ministerio de Traballo en Ourense, traballou como avogado laboralista. En 1977 ingresou no Partido Socialista Popular, do que foi secretario provincial de Ourense. Foi concelleiro e tenente de alcalde de Ourense. Foi elixido parlamentario pola provincia de Ourense nas primeiras eleccións autonómicas polo PSdeG-PSOE.

Causou baixa como parlamentario a finais de 1982 ao ser nomeado gobernador civil de Lugo, posto no que permaneceu ata 1996, cando o cambio de goberno fixo que fose substituído por José Luis Mourín Estela. Posteriormente reincorporouse á administración pública, onde se xubilou.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar