Juan Manuel Cabrejo
Juan Manuel Cabrejo Pasantes, nado en Camariñas o 26 de maio de 1975, é un exfutbolista galego que xoga na demarcación de defensa.
Cabrejo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Juan Manuel Cabrejo Pasantes | ||
Nacemento | 26 de maio de 1975 (48 anos) | ||
Lugar de nacemento | Camariñas | ||
Altura | 1,72 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1996–1997 | Betanzos CF | ||
1997–1998 | SD Compostela B | ||
1998–2000 | SD Compostela | 44 | (2) |
2000–2002 | SD Eibar | 57 | (3) |
2002–2003 | Elche CF | 20 | (0) |
2003–2004 | AD Ceuta | 14 | (0) |
2004–2005 | SD Eibar | 25 | (0) |
2005–2009 | FC Cartagena | 129 | (4) |
2009–2012 | CCD Cerceda | ||
2012–2015 | SDC Órdenes | ||
Selección nacional | |||
2005 | Galicia | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria Editar
Comezou xogando profesionalmente no Betanzos CF pasando despois ao filial da SD Compostela. Debutou co primeiro equipo na tempada 1998/99. No mercado de inverno da tempada 2000/01 fichou polo SD Eibar. Porén ao rematar a tempada cambiou de equipo fichando polo Elche CF, onde tampouco remata contrato ao acabar xogando no AD Ceuta.
No ano 2004 volveu a Éibar, e ao ano seguinte fichou polo FC Cartagena, equipo no que máis tempo seguido estaría e co que afrontou o intento de ascenso a Primeira División varios ano consecutivos.
No 2009 fichou polo CCD Cerceda Terceira División galega. En 2012 volveu cambiar de equipo, esta vez polo SDC Órdenes.
Coa selección de fútbol Editar
No ano 2005 foi internacional coa Selección de fútbol de Galicia, ao ser convocado para disputar o encontro amigábel ante Uruguai no estadio de San Lázaro, cun resultado de 3-1 a favor de Galiza.
Vida persoal Editar
Nas eleccións municipais de 2011 saíu escollido concelleiro en Camariñas polo PSdeG-PSOE[1].
Notas Editar
- ↑ "Juan cabrejo, del fútbol a la concejalía de deportes". El Correo Gallego (en castelán). 29 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2015. Consultado o 24 de xuño de 2015.