Juan José García Cota
Juan José García Cota, nado na Estrada o 16 de xuño de 1966, é un médico galego, especializado en medicina deportiva.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xuño de 1966 (58 anos) A Estrada, España |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Traxectoria
editarFillo dun garda civil[1], licenciouse en Medicina e Cirurxía e posteriormente especializouse en medicina deportiva. Traballa como traumatólogo na medicina privada.
Ademais é médico do Celta de Vigo[2] e foino da selección española masculina de fútbol durante vinte e tres anos. Foino primeiro nas categorías inferiores, e logo desde os Mundiais de Suráfrica en 2010 da selección absoluta, cando o combinado español se proclamou campión do mundo. Continuou a selo de maneira continuada durante outras competicións internacionais, incluíndo os mundiais de Brasil 2014, Rusia 2018 e Qatar 2022. Ao pouco de rematar o mundial de Qatar, e despois da destitución do seleccionador Luis Enrique, a finais de decembro Cota tamén foi apartado das responsabilidades como médico da selección masculina[3].
Notas
editar- ↑ "El médico de la Selección vive el Pilar en familia ocho años después". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-01-10.
- ↑ "Cota, médico del Celta, entre los 50 mejores facultativos de la sanidad privada de España". Faro de Vigo. Consultado o 10 de xaneiro 2019.
- ↑ "La Federación Española prescinde de Cota como doctor de la selección". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-12-29. Consultado o 2022-12-29.