Juan Goyarán Leiceaga

futbolista español

Juan Goyarán Leiceaga, nado o 9 de agosto de 1940 en Lasarte-Oria (Guipúscoa) é un exfutbolista vasco que xogaba na demarcación de dianteiro.

Goyarán
Información persoal
Nome Juan Goyarán Leiceaga
Nacemento 9 de agosto de 1940 (83 anos)
Lugar de nacemento Lasarte-Oria
Falecemento 15 de xuño de 2017
Lugar de falecemento Lasarte-Oria
Altura 1.73 metros
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Deportivo Alavés
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1963-1964 Deportivo Alavés 30 (17)
1964-1965 Celta de Vigo 16 (6)
1965-1966 CD Badajoz 26 (3)
1966-1969 Real Burgos 83 (34)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Destacou nas filas do Deportivo Alavés en Segunda División, na tempada 1963/64, esa grande actuación fixo que o Celta de Vigo se fixara nel e o fichara para a tempada seguinte, buscando renovar o equipo de cara a tentar o ascenso á máxima categoría.

No equipo galego non tivo unha gran continuidade, participando 16 encontros e anotando 6 goles, o que o converteu no máximo anotador do equipo xunto aos seus compañeiros Pintos e Téllez. Ao final dese ano o equipo galego volve a reestruturarse e numerosos xogadores deixan o equipo, entre eles Goyarán, que ficha polo CD Badajoz.