Juan Ginés Sánchez Romero

futbolista español
(Redirección desde «Juan Ginés Sánchez Moreno»)

Juan Ginés Sánchez Romero, nado o 15 de maio de 1972 en Aldaia (Valencia) é un exfutbolista que xogaba na demarcación de dianteiro centro, que destacaba polo seu oportunismo.

Juan Sánchez
Información persoal
Nome Juan Ginés Sánchez Romero
Nacemento 15 de maio de 1972
Lugar de nacemento Aldaia
Altura 172 centímetros
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
CD Mestalla
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1992-1993 Valencia CF 17 (3)
1993-1994 RCD Mallorca 37 (16)
1994-1999 Celta de Vigo 159 (38)
1999-2004 Valencia CF 199 (47)
2004-2006 Celta de Vigo 23 (5)
Selección nacional
Selección de fútbol de España 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse nas categorías inferiores do Valencia CF, debutou co primeiro equipo na tempada 1992/93. Para ter a oportunidade de xogar máis minutos marchou cedido ao RCD Mallorca na Segunda División, onde completou unha gran tempada. O que non lle valeu para ter un sitio no Valencia pero si para que o Celta de Vigo o fichase como parte do traspaso do defensa Xurxo Otero ao Valencia.

Militou no Celta cinco tempadas a moi bo nivel, sobre todo a última na que disputou a Copa da UEFA e anotou 13 goles en Liga, o que lle valeu a convocatoria para disputar un encontro amigábel coa Selección de fútbol de España e que o Valencia o fichase por un traspaso millonario.

No Valencia comezou contando coa confianza do técnico, Héctor Cuper. Foi un home importante no segundo subcampionato da Copa de Europa consecutivo no ano 2001, ao anotar dous goles nas semifinais ante o Leeds United que foron decisivos. Tamén se proclamou campión da Copa da UEFA no ano 2004 e dúas veces campión de Liga (2001/02 e 2003/04).

Coa chegada de Rafael Benítez foi perdendo protagonismo ata que volveu a Vigo na tempada 2004/05 buscando minutos, o Celta acababa de descender a Segunda División e Sánchez colaborou ao ascenso con cinco goles. A tempada seguinte foi a última do xogador como profesional.

Trala súa retirada formou parte do equipo técnico do Valencia CF ata o ano 2008. No ano 2009 asumiu o cargo de Director Deportivo do RE Mouscron[1], ata a desaparición do club, compartindo o cargo con Amedeo Carboni[2].

No verán de 2011 volve ao organigrama do Valencia, formando parte da estrutura de captación e secretaría técnica da Escola do club.

Ao mesmo tempo xoga cos veteranos do Valencia CF e participa na Liga de Fútbol Indoor co mesmo club.

Notas editar