Juan Gil Armada

político galego

Juan Gil-de Araujo Armada, marqués de Figueroa, nado en 1900 e finado en Abegondo o 12 de febreiro de 1981[1], foi un político galego.

Juan Gil Armada
Nacemento1900
Falecemento12 de febreiro de 1981
Lugar de falecementoAbegondo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Joaquina Armada Losada e Miguel Gil de Araujo Casares e sobriño de Juan Armada Losada, logo da súa morte en 1932 sucedeuno no Marquesado de Figueroa. Foi alcalde de Santiago de Compostela do 18 de novembro de 1938 ao 29 de novembro de 1941. Despois foi presidente de Cantigas e Agarimos, da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, do Padroado Rosalía de Castro e da Archicofraría do Apóstolo Santiago.


Predecesor:
Manuel García Diéguez
  
Alcalde de Santiago
 
1938 - 1941
Sucesor:
José del Valle Vázquez

Vida persoal editar

Casou con Pilar González de Careaga Fontecha.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar