Juan García Míguez
Juan García Míguez, nado en Ventosela (Ribadavia), foi un labrego e agrarista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ventosela, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarLabrego propietario de Ventosela. Dirixente da Sociedad Agraria de San Paio de Ventosela, participou na loita agrarista con Basilio Álvarez, combatendo a fraude do viño do Ribeiro.[1] Deu unha conferencia na Casa de Galicia de Madrid presentado por Liñares Rivas.[2] En 1917 emigrou a Cuba cos tres fillos co proxecto de poñer un almacén de viños.[3] O almacén, co nome de La Tierra Agraria estaba instalado na rúa San Ignacio 106 da Habana.[4] Fracasou por problemas co transporte do viño desde Galicia. Foi elixido presidente da sociedade Ribadavia y su Comarca da Habana en 1926.[5] Retornou a Ventosela a finais dos anos vinte e continuou co seu labor no Sindicato Agrario, do que foi presidente en 1933 e 1934.[6] Participou no Congreso Agrario provincial de Ourense en novembro de 1933.[7]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- "Las uvas de la unión. Organización y movilización campesina en la vitivicultura gallega: El Ribeiro ourensano, 1880-1936" (PDF). Historia agraria: Revista de agricultura e historia rural (25): 121–156. 2001.