Juan Gómez-Jurado

escritor español


Juan Gómez-Jurado, nado en Madrid o 16 de decembro de 1977, é un novelista e presentador español.[1] Formouse como xornalista. A súa primeira novela, Espía de Dios, supuxo un notable éxito, que foi seguido por Contrato con Dios e El emblema del traidor.

Infotaula de personaJuan Gómez-Jurado

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadrid
Nova York
Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade San Pablo CEU - xornalismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnovelista , presentador de televisión , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webjuangomezjurado.com Editar o valor em Wikidata
BNE: XX1749942 Dialnet: 2181871 Musicbrainz: 4e47c1c8-c3d0-4a51-bcc2-1659b69dc6db Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Foi abandonado ao nacer na maternidade da madrileña rúa de Ou'Donnell. Unha familia adoptouno.[2] Tras concluír os seus estudos no colexio Los Olmos (Madrid), licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade CEU San Pablo.

Autor de novelas publicadas,[3] catro delas foron as máis vendidas en formato electrónico, segundo publicou Amazon: El emblema del traidor (2011), Cicatriz (2016),[4] Reina roja (2018) e Loba negra (2019).[5] Reina roja foi o libro máis lido en España durante dous anos consecutivos: 2020 e 2021.[6]

Traballou como xornalista en diferentes mediosː Radio España, Canal+, Cadea COPE, Os 40 Principais, ABC, La Voz de Galicia, El Mundo[7][8] e colaborou coas revistas Que Leer, Jot Down e New York Times Book Review.[9]

Entre setembro de 2014 e xuño de 2018 realizou xunto a Raquel Martos a sección «Personas físicas» do programa de Onda Cero Julia en la onda.[10]

É un dos compoñentes do pódcast cultural Todopoderosos do Espazo Telefónica desde os seus inicios en decembro de 2014 (xunto a Javier Cansado, Rodrigo Cortés e Arturo González-Campos), o podcast Aquí hay dragones (cos mesmos participantes) e os episodios de Los seriotes de AXN, para a cadea de televisión AXN e tamén en YouTube (con Arturo González-Campos). Tamén con González-Campos participou no programa Cinemascopazo, entre xuño de 2017 até setembro de 2018. Cada semana levaban a un invitado que lles axudaba a dar diferentes puntos de vista sobre unha película.

En 2021 presentou en TVE 2 a primeira tempada do programa de divulgación histórica El condensador de fluzo. Tamén en 2021 publicou xunto á súa muller, a psicóloga infantil Bárbara Montes, Amanda Black, unha nova serie de libros de misterio dirixidos a nenos maiores de nove anos, protagonizados por Amanda, unha nena que, pouco despois de cumprir trece anos, empeza a desenvolver poderes extraordinarios.[11] En abril de 2021, Amazon Prime anuncia que asinou un contrato co escritor para desenvolver contido audiovisual en exclusiva para a plataforma.[12]

Viviu en Madrid, Nova York e Santiago de Compostela..

Vida privada

editar

Gómez-Jurado está casado coa psicóloga e escritora Bárbara Montes. Ten dous fillos, nacidos en 2004 e 2007.[2]

A súa obra traduciuse a máis de corenta linguas.[2]

Novela

editar
  • Espía de Dios (2006). Roca Editorial.
  • Contrato con Dios (2007). Planeta
  • El emblema del traidor (2008). Plaza & Janés.
  • La leyenda del ladrón (2012). Planeta.
  • El paciente (2014). Planeta. Ediciones B: 2020.
  • La historia secreta del señor White (2015). Planeta. Flash: 2021.
  • Cicatriz (2015). Ediciones B.
  • Triloxía Reina Roja:
    • Reina Roja (2018). Ediciones B.
    • Loba Negra (2019). Ediciones B.
    • Rey Blanco (2020). Ediciones B.
  • Triloxía Todo Arde:
    • Todo Arde (2022). Ediciones B.
    • Todo Vuelve (2023). Ediciones B.

Literatura infantil e xuvenil

editar
  • El séptimo príncipe (2016). Ediciones B.

Serie Alex Colt

editar
  • Cadete espacial (2016). Destino.
  • La batalla de Ganímedes (2017). Destino
  • El secreto del Zark (2018). Destino
  • La materia oscura (2019). Destino
  • El emperador de Antares (2020). Destino.
  • El gran Zark. (2022). Destino

Serie Rexcatadores, Bárbara Montes e Juan Gómez-Jurado.

editar
  • El misterio de Punta Escondida (2017). B de Blok.
  • Las minas de la Perdición (2018). B de Blok.
  • El palacio submarino (2019). B de Blok.
  • El bosque oscuro (2019). B de Blok.

Serie Amanda Black, Bárbara Montes e Juan Gómez-Jurado.

editar
  • Una herencia peligrosa (2021). B de Blok.
  • El amuleto perdido (2021). B de Blok.
  • El último minuto (2022). B de Blok.
  • La Campana de Jade (2022). B de Blok.
  • El tañido sepulcral (2022). B de Blok.
  • La Maldición del Nilo (2022). B de Blok.
  • El bastón del cuervo (2023). B de Blok.
  • El reino perdido (2023). B de Blok.
  • El camino del ninja (2023). B de Blok.

Audiolibro

editar
  • La suelta (2022)[13] Storytel.

Non ficción

editar
  • La masacre de Virginia Tech: Anatomía de una mente torturada (2007). Ediciones La Plataforma

Premios

editar
  • 2008 - Premio de Novela Cidade de Torrevieja pola novela El emblema del traidor.[14]
  1. "Juan Gómez-Jurado". fnac.es. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Vicondoa, Marialuz (2022-10-24). "Juan Gómez-Jurado: “Un lugar con historia, misterio y belleza, como Navarra, es perfecto para mis libros”". Diario de Navarra (Pamplona). pp. 52–53. Consultado o 2022-10-26. 
  3. "Antonia Kerrigan Agencia Literaria, Gómez-Jurado, Juan". www.antoniakerrigan.com. Consultado o 2024-05-17. 
  4. "Amazon publica la lista de los ebooks más vendidos en los últimos cinco años". Diario ABC (en castelán). 2016-11-30. Consultado o 2024-05-17. 
  5. "Antonia Kerrigan Agencia Literaria, Gómez-Jurado, Juan". www.antoniakerrigan.com. Consultado o 2024-05-17. 
  6. "Amazon publica la lista de los ebooks más vendidos en los últimos cinco años". Diario ABC (en castelán). 2016-11-30. Consultado o 2024-05-17. 
  7. "Gómez-Jurado publica El espía de Dios, novela ambientada en el Vaticano con la muerte del Papa como punto de partida". 2 de febrero de 2006. Consultado o 20 de diciembre de 2016. 
  8. Fernández Recuero, Ángel L. (noviembre de 2012). "Juan Gómez-Jurado: "Los márgenes de beneficio de la industria cultural no son justos para el creador"". Jot Down. Consultado o 20 de diciembre de 2016. 
  9. "Juan Gómez-Jurado: «Ver mi novela llevada al cine es uno de mis sueños»". Diario ABC (en castelán). 2014-01-16. Consultado o 2024-05-17. 
  10. Press, Europa (2014-09-05). "Onda Cero inicia temporada con una apuesta por sus rostros conocidos e incorporaciones de colaboradores". www.europapress.es. Consultado o 2024-05-17. 
  11. Cordellat, Adrián (2021-04-16). "Bárbara Montes: “Lo más importante que aporta el hábito de la lectura a los niños es el desarrollo de la imaginación”" (en castelán). Consultado o 2021-04-23. 
  12. Redacción (2021-04-27). "Juan Gómez-Jurado ficha por Amazon Prime Video en exclusiva para desarrollar series y películas" (en castelán). Consultado o 2021-05-12. 
  13. 20minutos (2021-12-16). "Juan Gómez-Jurado estrena su primer audiolibro, 'La Suelta', un thiller psicológico al estilo de las radionovelas" (en castelán). Consultado o 2022-02-08. 
  14. "Home". Torrevieja.com portal de turismo (en castelán). Consultado o 2024-05-17.