Rodrigo Cortés
Rodrigo Cortés Giráldez, nado en Pazos Ermos (Cenlle) o 31 de maio de 1973, é un director, actor, produtor e guionista de cine galego.
Rodrigo Cortés | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Rodrigo Cortés Giráldez |
Nacemento | 31 de maio de 1973 |
Lugar | Pazos Ermos |
Nacionalidade | España |
Profesión | guionista, produtor de cinema, director de cinema e montador |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu en Pazos Ermos, de onde era a súa nai, pero de pequeno marchou vivir a Salamanca[1]. Realizou a súa primeira curtametraxe, El descomedido y espantoso caso del victimario de Salamanca, con 16 anos en formato súper 8. A súa seguinte obra foi Siete escenas de la vida de un insecto, rodada en branco e negro e baseada n’A metamorfose de Kafka.
A comezos de 1998 foi contratado por Sogetel e Jabalina Records para rodar o videoclip da canción de Onion "Sick of you", para a película de Alejandro Amenábar Abre los ojos[2]. En xullo dese mesmo ano realizou a curtametraxe Yul, coa que se obtivo bastatantes galardóns en España e que lle permitiu darse a coñecer no ámbito cinematográfico. En 2001 estrenou 15 días, que acadou un nomeamento aos Premios Goya como mellor curtametraxe e que en menos de dous anos logrou máis de 50 galardóns. Logrou o Universal Studios Award, pasando dúas semanas nos Estudios Universal dos Ánxeles facendo un Filmmaster.
Na primavera de 2001 foi seleccionado por TVE e a produtora Filmart para participar na primeira edición en España de Los diminutos del calvario. A finais de 2003 foi contratado por Universal Music para facer o videoclip da canción do tema "Travesura", do músico de chill out José Luis Encinas.
En 2007 realizou a súa primeira longametraxe, Concursante, que recibiu o premio da crítica no Festival de Málaga dese mesmo ano.[3].
En setembro de 2010 estreouse Buried, protagonizada por Ryan Reynolds, cualificada polo New York Times como "unha película de horror con delirios de grandeza"[4]. O filme obtivo o premio da crítica no Festival de Deauville e o premio á mellor película en L’Etrange Festival días antes da estrea. Tamén acadou o Meliés de Ouro no Festival de Cine de Sitges de 2010.
En marzo de 2012 estreou o filme de suspense Red Lights, protagonizado por Sigourney Weaver, Robert De Niro e Cillian Murphy. O filme céntrase na figura dunha parapsicóloga que procura desacreditar a un reputado vidente que volveu á fama logo de 30 anos.
Traballa como tertuliano na Cultureta, en Onda Cero, baixo a dirección de Carlos Alsina.
FilmografíaEditar
Como directorEditar
- Yul (curta, 1998; director, produtor, guionista e actor)
- 15 días (curta, 2000; director, produtor, guionista, compositor e actor)
- La ley de Murphy (curta, 2000; guionista, supervisor de diálogos e actor)
- Diminutos del calvario (curta, 2001; guionista)
- Los 150 metros de Callao (curta, 2002; director, produtor, guionista e actor)
- Dentro (curta, 2002; director, guionista e compositor)
- Interruptus (curta, 2003; guionista, supervisor de diálogos e actor)
- Concursante (2007; director e guionista)
- Dirt Devil (curta, 2007; director, produtor, guionista e actor)
- Impávido (curta, 2007; guionista e supervisor de diálogos)
- Buried (2010; director e produtor)
- Emergo (2010; produtor)
- Down a Dark Hall (2017; director)
NotasEditar
- ↑ «Ao saír do cine o público perderá dous quilos», artigo en La Voz de Galicia, 1 de outubro de 2010.
- ↑ "El director ourensano Rodrigo Cortés revoluciona el festival de Sundance", artigo de Rafael López-Vigo no Faro de Vigo, 27 de xaneiro de 2010 (en castelán).
- ↑ Concursante Arquivado 04 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., ficha na web da AAG.
- ↑ "Captive in Iraq, Stymied by Voice Mail", artigo de Stephen Holden no New York Times, 23 de setembro de 2010 (en inglés).
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Rodrigo Cortés en www.culturagalega.org