Juan Fernández Vilela

futbolista español

Juan Fernández Vilela, nado en Ferrol o 16 de setembro de 1948, é un exfutbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.

Infotaula de personaJuan Fernández Vilela
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Real Club Celta de Vigo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1968Xogos Olímpicos de 1968 Editar o valor em Wikidata

Militou durante 11 tempadas no Celta de Vigo, a onde chegou procedente do Racing de Ferrol, disputando 349 encontros oficiais co club vigués e anotando 50 goles. Foi ademais o primeiro ferrolán en disputar uns Xogos Olímpicos, ao participar coa selección española en México 1968, onde obtivo un diploma.

Traxectoria

editar

Inicios

editar

Iniciouse como futbolista nas filas do Esteiro, equipo do seu barrio, co que chegou a conseguir o subcampionato rexional xuvenil. Na tempada 1965/66 fichou polo Racing de Ferrol para o seu equipo xuvenil.[1] Ao completar a súa etapa xuvenil saíu cedido ao desaparecido Arsenal CF de Ferrol, que militaba na Terceira División.

 
A cidade de Vigo ós seus atletas.[2]

Racing de Ferrol

editar

No ano 1967 xa se vinculou definitivamente co primeiro cadro de xogadores do Racing, debutando na Segunda División o 29 de outubro ante o Rayo Vallecano, da man do adestrador Saturnino Grech. Marcou o seu primeiro gol na seguinte xornada, fronte o Real Oviedo no Estadio Manuel Rivera.

Na tempada 1968/69 disputou 29 partidos de liga e anota sete goles. Ese ano o equipo racinguista mantívose dezasete xornadas invicto en Segunda División e estivo a piques de ascender a Primeira División, rematando o curso na cuarta posición, por detrás de Sevilla, Celta de Vigo e Mallorca.

Celta de Vigo

editar

En xuño de 1969 foi traspasado ao Celta de Vigo, asinando inicialmente un contrato por tres anos, aínda que finalmente militou no club celeste durante once tempadas.[3] Debutou na primeira xornada da Primeira división 1969/70, no antigo estadio de Atotxa fronte á Real Sociedad, marcando o único gol do seu equipo, que sucumbiu ante dous goles de Dionisio Urreisti.[4]

Nestes anos tamén continúan as súas experiencias internacionais, esta vez na categoría de promesas, baixo a dirección de Ladislao Kubala.

Na súa segunda tempada en Vigo (a 1970/71), foi o máximo goleador con oito tantos dun Celta que baixo a batuta de Juan Arza rematou 6º na liga, conseguindo a primeira clasificación da súa historia para unha competición europea, neste caso a Copa da UEFA, na que sería a súa primeira edición. Porén a participación celtista na competición europea sería breve, sendo eliminado en primeira rolda polo Aberdeen escocés.[5]

En contraste cos meles das competicións europeas, a partir do ano 1975 sufriu anos de descensos e ascensos entre Primeira e Segunda División, culminando no ano 1980 co descenso do equipo a Segunda División B. Foi a súa última tempada en Vigo, pechando o seu paso polo club celeste con 349 partidos oficiais e 50 goles.

Pontevedra CF

editar

Na tempada 1980/81 alistouse nas filas do Pontevedra CF, nunha Segunda B na que xogaban entre outros o Celta, o Deportivo da Coruña ou o Racing de Ferrol. O equipo pontevedrés acabou descendendo ese ano a Terceira División e unha tempada e media despois colgou as botas.[1]

Selección española

editar

As súas boas condicións e progresión na súa etapa xuvenil fixeron que fora convocado para a selección española xuvenil que participou no campionato de Europa xuvenil celebrado en Turquía en 1967. Ao ano seguinte foi seleccionado por José Santamaría para integrar a selección española nos Xogos Olímpicos de 1968 en México, converténdose deste xeito no primeiro ferrolán en participar nuns Xogos Olímpicos. No primeiro partido do torneo, xogado contra o Brasil no Estadio Azteca, Juan foi o autor do único gol do partido que serviu para derrotar ao combinado brasileiro, e que, xunto ao triunfo tamén ante Nixeria (3-0), deulle a España o pase á seguinte fase.[1] Foron finalmente eliminados nos oitavos de final pola selección anfitrioa, México, volvendo para a casa cun diploma olímpico.[6][7][1]

Xogou tamén coas seleccións sub-19 e sub-21 baixo as ordes de Kubala.[1]

Como adestrador

editar

Pouco despois de deixar a práctica do fútbol, regresou ao Celta de Vigo para integrar o equipo de técnicos, facéndose cargo de equipos da canteira e chegando a exercer como segundo adestrador do primeiro equipo nas épocas de Colin Addison e Maguregui.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Lois, Paulo Alonso (20 de xuño de 2006). "Juan Fernández Vilela, el ferrolano que le marcó un gol a Brasil: «Los Juegos fueron lo máximo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de abril de 2021. 
  2. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016. 
  3. "Lito, del Celta, al Rácing". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xuño de 1969. p. 16. 
  4. "Real Sociedad - Celta (1969/70)". BDFutbol (en castelán). Consultado o 28 de abril de 2021. 
  5. "Con el Aberdeen empezó todo". Faro de Vigo (en castelán). 15 de setembro de 2019. Consultado o 28 de abril de 2021. 
  6. "Fútbol nos Xogos Olímpicos de 1968". rsssf.com (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2021. 
  7. "Eliminatorias México 1968". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 28 de abril de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar