Juan Fernández Rivas

arquitecto e escultor galego

Juan Manuel Fernández Rivas, coñecido como Juan Rivas e cos nomes artísticos de Peiss ou Peissman[1], nado en Moaña en 1968 e finado o 11 de febreiro de 2016 na Fraga (Moaña), foi un arquitecto e escultor galego[2].

Infotaula de personaJuan Fernández Rivas
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor em Wikidata
Moaña, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de febreiro de 2016 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
A Fraga, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto , escultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Juan Rivas licenciouse en arquitectura e traballaba en Moaña, a súa vila natal. Foi o autor de diversas obras públicas en Moaña, como as pasarelas das praias da Mona e Videira (Tirán), os traballos de amelloramento dos adros de San Martiño, San Bieito (Domaio) e A Peregrina (Meira), a remodelación da alameda de Moaña ou a remodelación da estación marítima da mesma vila. Tamén se debeu a Rivas o proxecto de construción dunha torre de 21 andares no Real, no centro da parroquia de Tirán[3], que finalmente non se levou a termo.

Como escultor, tiña preferencia pola reciclaxe de vidro, cos que despois facía obra artística. Entre as súas pezas máis coñecidas estaba a balea Anduriña, unha balea de 15 metros situada no paseo do Con, deseñada por Rivas e executada por Antón Salgueiro. Tamén son desta autoría colectiva O bufón, un choco xigante e O páxaro tolo, as dúas no paseo marítimo de Moaña. En 2013 abriu unha galería de arte en Moaña, a Miramart, no que fora o bar familiar case homónimo (Miramar), e onde expuña e vendía as súas esculturas de pedra policromada[4].

O corpo sen vida de Rivas foi atopado no río da Fraga. O seu coche estaba no viaduto que cruza o val.[5]

Vida privada editar

Rivas foi parella da política María Martín Alonso, falecida en 2002.[5]

Notas editar

  1. "El arte de Peiss navega a Rotterdama". Faro de Vigo (en castelán). 27 de outubro de 2013. Consultado o 11 de febreiro de 2016. 
  2. "Aparece muerto el arquitecto Juan Rivas en un río de Moaña". Faro de Vigo (en castelán). 11 de febreiro de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2016. 
  3. "Unha proposta moi alonxada da de Rivas". Web do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (Pontevedra). 4 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2016. 
  4. "La galería de las piedras pintadas". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xaneiro de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 Llera, Luis Carlos (12 de febreiro de 2016). "Juan Fernández Rivas (Moaña, 1968) El arquitecto que quiso alcanzar el cielo de Moaña". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo). Consultado o 20 de abril de 2018.