Juan Domínguez Viéitez
Juan Domínguez Viéitez, nado cara a 1845 e finado en Fornelos (Salvaterra de Miño) o 2 de febreiro de 1920, foi un labrego e agrarista galego.
Juan Domínguez Viéitez | |
---|---|
Nacemento | 1845 |
Falecemento | 2 de febreiro de 1920 |
Lugar de falecemento | Fornelos |
Nacionalidade | España |
Ocupación | labrego e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Labrego veciño da Pedra Piñeira e agrarista. Morreu na presa de Curxido o 2 de febreiro de 1920.[1] Aínda que nun principio a xustiza considerou que a súa morte fora casual, as sociedades agrarias de Salvaterra consideraron que fora un asasinato e convocaron un mitin en Fornelos o 12 de febreiro para pedir que se esclarecera a morte.[2] A campaña estendeuse e moitas sociedades agrarias e obreiras de Galicia realizaron protestas e actos reivindicativos solicitando que se investigase o crime de Fornelos. A indignación aumentou logo do asasinato dos mártires de Sobredo. Pero non se conseguiu a ansiada revisión. Coa caída da ditadura de Primo de Rivera volveu activarse a campaña e constituíuse unha "Comisión pro-esclarecimiento del crimen de Fornelos de la Rivera" coa expectativa de que as autoridades da República promoverían a revisión do caso. Pero no se conseguiu e en 1936 o asunto seguía atascado no Tribunal Supremo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 esqueceuse o caso.