Juan Castiñeiras Galán
Juan Castiñeiras Galán, nado na Coruña en 1902 e finado na mesma cidade o 13 de novembro de 1956, foi un fogueiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1902 A Coruña, España |
Morte | 13 de novembro de 1956 (53/54 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | fogueiro, político |
Traxectoria
editarVeciño do Burgo (Culleredo) e fogueiro na Coruña. Logo de golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado garda do Corpo de Seguridade da República en xullo de 1938.[1] Ao rematar a guerra foi xulgado en Ferrol por rebelión militar e condenado a cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[2] Volveu ser detido en 1947 e foi procesado polo Tribunal Militar da Coruña na causa 298/47 por actividades politicas xunto con Arturo Moreno Torres, Juan Domínguez Lliso, Manuel Gantes Barreiro e Manuel Vázquez Sampayo. Saíu en liberdade condicional o 16 de agosto de 1947.[3] En xaneiro de 1953 sufriu un accidente de traballo no porto da Coruña.[4] Finou na Coruña o 13 de novembro de 1956 con 54 anos.[5]
Vida persoal
editarCasou con Filomena Castro Vila en febreiro de 1924,[6] e foi pai de María Nieves Castiñeiras Castro.
Notas
editar- ↑ Gaceta de la República, 19-7-1938, p. 236.
- ↑ BOE, 8-6-1946, p. 1552-1560.
- ↑ Documento de liberdade condicional de César Leopoldo Fraguela
- ↑ El Ideal Gallego, 11-1-1953, p. 3.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-9-1953, p. 7.
- ↑ La Voz de Galicia, 17-2-1924, p. 4.