Juan Carlos Cambas

pianista arxentino

Juan Carlos Cambas Outeda, nado en Bos Aires o 2 de setembro de 1967, é un pianista e aquelador galego.

Infotaula de personaJuan Carlos Cambas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de galega de Meis[1] e asturiano emigrados á Arxentina, Cambas ten formación de conservatorio como guitarrista clásico. Estudou na Arxentina e publicou o seu primeiro álbum en solitario en 1997 nese país. En 2002 estableceuse en Galicia e vive en Vilagarcía de Arousa. O seu primeiro álbum en Europa publicouse en 2007. Entre 2011 e 2019 traballou como pianista da cantante Dulce Pontes. En 2020 realizou unha campaña de micromecenado para editar un terceiro álbum, titulado 'A viaxe'[2][1].

Os seus discos exploran a música de raíz popular arxentina e están inzados de colaboracións con outros artistas. Ten participado no Festival de Cosquín en varias ocasións[3], e en 2010 foi o promotor do fillo do festival en Galicia, o Festival de Cosquín en Vilagarcía[4].

Discografía editar

  • Solo luz (Diapasón, 1997).
  • Almas en el viento (2007, reeditado dez anos máis tarde na Arxentina con algunhas modificacións).
  • A viaxe (autoedición, 2020)

Colaboracións editar

Como artista de colaboracións, a lista de artistas que tocaron pezas en álbums del ou que compartiron escenario nalgún momento é moi extensa, desde Mercedes Sosa a Dulce Pontes[5], pasando por Suna Rocha, Domingo Cura ou o dúo BellónMaceiras.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Pontevedra, Diario de (2020-04-29). "Interconectando el Atlántico". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2020-08-27. 
  2. "Crowdfunding "A viaxe / Dende Arxentina ata Galicia " in Verkami". www.verkami.com (en inglés). Consultado o 2020-08-27. 
  3. "Eduardo Falú, Raúl Carnota y Suma Paz serán homenajeados por el pianista Juan Carlos Cambas". www.telam.com.ar. Consultado o 2020-08-27. 
  4. "La muestra de la obra de Carlos Bóveda abre "Son de Lúas, Cosquín en Vilagarcía"". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-08-27. 
  5. Arousa, Diario de. "Juan Carlos Cambas celebrará sus 25 años en la música tocando en A Xunqueira con Dulce Pontes". Diario de Arousa (en castelán). Consultado o 2020-08-27.