Juan Amoedo Seoane

avogado e agrarista galego

Juan Amoedo Seoane, nado en Redondela en 1886 e finado en Vigo o 18 de xullo de 1972,[1][2] foi un avogado e agrarista galego.

Juan Amoedo Seoane
Nacemento1886
Lugar de nacementoRedondela
Falecemento18 de xullo de 1972
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado, político e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo do médico Manuel Amoedo Acuña. Foi redactor de La Idea e despois colaborou en La Opinión. Foi avogado en Vigo durante a primeira metade do século XX e presidente do seu Colexio de avogados. Agrarista, participou como propagandista na campaña de axitación da Liga Agrario-Redencionista no verán de 1910. Participou na defensa dos sindicalistas presos trala folga xeral de 1917, sucesos polos que el mesmo foi detido. Foi líder do partido melquiadista en Galicia. No franquismo foi avogado en Vigo e decano do Colexio de Avogados de Vigo.

Vida persoal editar

Casou en Vigo en 1928 con Gloria Conde Pascual, e foi pai de María Gloria, Juan Manuel, José Antonio, Jorge, Javier e María Victoria Amoedo Conde.

Notas editar

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 21-7-1972, p. 4.
  2. El Pueblo Gallego, 22-7-1972, p. 20.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela: Concello. p. 30. ISBN 84-8302-720-8.