La Idea (Redondela)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Idea.
La Idea foi un periódico publicado en Redondela entre 1901 e 1918.
Historia e característicasEditar
Subtitulado Semanario Independiente apareceu o 5 de xaneiro de 1901. Estaba dirixido por Buenhijo Pérez Sobrino e en principio foi de tendencia riestrista. Foron os seus colaboradores Manuel Amoedo Seoane, Juan Manuel Otero Milleiro, Isidoro Queimaliños Queimaliños, Juan Amoedo Seoane, Manuel Cacheiro Cardama, Claudio Contreras Valiñas e Antonio Garrido Otero.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela: Concello. pp. 29–32. ISBN 84-8302-720-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 265. ISBN 84-8288-137-X.