Josep Vallverdú i Aixalà

(Redirección desde «Josep Vallverdú»)

Josep Vallverdú i Aixalà, nado en Lleida o 9 de xullo de 1923, é un narrador, poeta, dramaturgo, lingüista, tradutor e ensaísta catalán de recoñecida traxectoria na literatura infantil e xuvenil, autor de máis de duascentas obras.[1] A Generalitat de Catalunya declarou o 2023 Any Josep Vallverdú para conmemorar o centenario do seu nacemento.[2]

Infotaula de personaJosep Vallverdú i Aixalà

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1923 Editar o valor em Wikidata (100 anos)
Lleida Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona - humanidades Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo , profesor de ensino secundario , tradutor , escritor , debuxante Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoDramaturxia, romance infantil (pt) Traducir e ensaio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
28 de marzo de 2022Defensem l’escola en català Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webvallverdu.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1984277 Bitraga: 251 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Por mor das tropas franquistas e dos bombardeos, a familia abandonou Lleida. Refuxiáronse en Puiggròs e despois en Sant Martí de Maldà. Rematada a Guerra Civil volveron a Lleida e ao cabo dun ano trasladáronse a Barcelona para que alí cursase o bacharelato.

En 1945 licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Barcelona. Durante moitos anos traballou como profesor de secundaria. Nese período, e a partir de 1960, cando publica a súa primeira novela El venedor de peixos, dedícase principalmente á narrativa infantil e xuvenil.[3] Despois da súa xubilación, en 1988, dedicouse máis aos que el chama "libros persoais", basicamente diarios, coleccións de artigos de prensa, cadernos de viaxe e ensaios sobre a súa propia obra.[4]

Traduciu ao catalán obras de Jack London, Jean Piaget, Edgar Allan Poe, Gianni Rodari e Oscar Wilde, e trinta das súas obras foron traducidas ao castelán.[5]

Xunto a Joaquim Carbó, Sebastià Sorribas e Emili Teixidor, tamén autores de narrativas infantís ou xuvenís, foron chamados os "ases do póquer" da súa especialidade.[6]

Premios e recoñecementos editar

A Paeria de Lleida convoca anualmente o Premio Josep Vallverdú dende 1984. No ano 2000 recibiu o Premio de Honra das Letras Catalás e en 2002 o Premio á Traxectoria. En 2004, foi investido doutor honoris causa pola Universidade de Lleida.[7]

Josep Vallverdú é fillo adoptivo da cidade de Balaguer desde 2016 e fillo predilecto de Lleida desde 2020.[8] En 2019, o Goberno concedeulle a Medalla de Ouro da Generalitat de Cataluña "polo seu labor como narrador, poeta, dramaturgo, lingüista, tradutor e ensaísta, especialmente no mundo da literatura infantil".[9] As xornadas Encontats de Balaguer inauguraron en 2020 na praza do Pou da capital da Noguera unha escultura dedicada ao popular personaxe do can Rovelló, o grande éxito literario do escritor de Lleida.[10]

A celebración do Ano Vallverdú, para conmemorar o centenario do escritor, comezou en febreiro de 2023, cun acto institucional no Auditorio Enric Granados de Lleida. Ao longo do ano organizáronse máis de duascentas actividades en toda Cataluña e a clausura da conmemoración tivo lugar o 3 de decembro de 2023 no Teatro Municipal de Balaguer.[11]

Obra infantil (selección) editar

  • Trappa sota les agües (1963). (Premio Joaquim Ruyra 1963) ISBN 978-8427971141
  • Rovelló (1969). (Premio Josep M. Folch i Torres 1968). Novela. Narra a vida dun can. Adaptouse para facer unha serie de debuxos animados . ISBN 978-8424664978
  • En Roc Drapaire (1971). (Premio Josep M. Folch i Torres 1970). ISBN 978-8424664732
  • L'home dels gats (1972). Novela. Un escultor abandona a cidade para vivir nunha aldea illada da montaña, onde se fai amigo de moitos nenos. ISBN 978-8424681463
  • Un cavall contra Roma (1976). Esta narración lembra a aventura do príncipe ibérico da vila dos Ilerget, tomado como escravo por un centurión romano. Pero aínda que actúe como un escravo, nunca deixará de sentir o orgullo de ser príncipe e loitará en todo momento, con serenidade e coraxe, por recuperar a súa liberdade.
  • Saberut e Cua-Verd (1982). (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil das Letras Españolas ). Narracións sobre a vida nunha aldea postas na boca dun lagarto (Cua-Verd) e dunha pomba (Saberut) que son amigos. O lagarto conta historias antigas e a pomba o que acontece hoxe.
  • Els amics del vent( 1986). ISBN 8424672127
  • Bestiolar (2010).
  • Proses de Ponent
  • El testament de John Silver
  • El vuitè nan (La Galera, 2022). Novela. Recensión do conto de Brancaneves e os sete ananos . ISBN 978-84-246-7179-2.[12]

Ensaio editar

  • De Morera i Galícia a Guillem Viladot [13] (2004). Universidade de Lleida.

Notas editar

  1. FARRAN, ALBERT GONZÁLEZ (2022-09-28). "Josep Vallverdú: “Quan algú mor, el seu eco s’esmorteeix en només dos anys”". Ara.cat (en catalán). Consultado o 2024-02-08. 
  2. NacióLleida. "El Govern oficialitza el 2023 com a any Vallverdú, Oró i Seguí". www.naciodigital.cat (en catalán). Consultado o 2024-02-08. 
  3. Pujol-Valls, Maria (2013-02-26). "Els Llibres personals de Josep Vallverdú: la frustració en l'ancianitat". Llengua i literatura: 67–87. ISSN 2013-9527. 
  4. Pujol-Valls, Maria (2013-02-26). "Els Llibres personals de Josep Vallverdú: la frustració en l'ancianitat". Llengua i literatura: 67–87. ISSN 2013-9527. 
  5. Pujol-Valls, Maria (2013-02-26). "Els Llibres personals de Josep Vallverdú: la frustració en l'ancianitat". Llengua i literatura: 67–87. ISSN 2013-9527. 
  6. Pujol-Valls, Maria (2013-02-26). "Els Llibres personals de Josep Vallverdú: la frustració en l'ancianitat". Llengua i literatura: 67–87. ISSN 2013-9527. 
  7. Pujol-Valls, Maria (2013-02-26). "Els Llibres personals de Josep Vallverdú: la frustració en l'ancianitat". Llengua i literatura: 67–87. ISSN 2013-9527. 
  8. NacióLleida. "Balaguer nomenarà Josep Vallverdú fill adoptiu de la ciutat". www.naciodigital.cat (en catalán). Consultado o 2024-02-08. 
  9. Segre (2019-11-26). "Josep Vallverdú, medalla d'Or de la Generalitat". Segre (en catalán). Consultado o 2024-02-08. 
  10. Segre (2020-09-16). "Homenatge a Josep Vallverdú a l'Encontats de Balaguer". Segre (en catalán). Consultado o 2024-02-08. 
  11. Salvà, Bernat (2024-02-08). "Balaguer acull l'acte de cloenda de l'Any Josep Vallverdú - 03 des 2023". El Punt Avui (en catalán). Consultado o 2024-02-08. 
  12. NacióLleida. "Josep Vallverdú «actualitza» el conte de la Blancaneu amb el llibre «El vuitè nan»". www.naciodigital.cat (en catalán). Consultado o 2024-02-08. 
  13. "De Morera i Galícia a Guillem Viladot". Josep Vallverdú (en catalán). 2022-11-14. Consultado o 2024-02-08. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar