Josef K foi unha banda escocesa de post-punk activa entre 1979 e 1982. O grupo chamouse así polo protagonista da novela de Franz Kafka Der Process. Aínda que só publicou un único álbum de estudio mentres estivo activa e acadou un éxito moderado, dende entón demostraron ser unha grande influencia para moitas bandas nacidas posteriormente.

Josef K
OrixeEdimburgo, Escocia Escocia
Período1979 - 1982
Xénero(s)post-punk
Selo(s) discográfico(s)Postcard Records, Les Disques du Crépuscule
MembrosPaul Haig
Malcolm Ross
David Weddell
Ronnie Torrance
Na rede
http://www.josefk.net/
Facebook: josefk.official Souncloud: josef-k-2 Musicbrainz: ab5f1b53-dabe-444a-a8fe-116cde87f709 Songkick: 354074 Discogs: 155979 Allmusic: mn0000266534 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A banda naceu no ano 1979 orixinalmente co nome TV Art. Foi fundada por Paul Haig (voces, guitarra) e Ronnie Torrance (batería), aos que se lles uniron Malcolm Ross (guitarra, teclados) e Gary McCormack (baixo). McCormack marchou pouco despois, uníndose posteriormente a The Exploited, e foi substituído por David Weddell.[1][2] Tras gravar unha demo de dez temas, o seu primeiro lanzamento foi o sinxelo "Romance"/"Chance Meeting", editado a través do selo do batería de Orange Juice Steven Daly, Absolute, no mes de decembro dese ano.[1][2] Posteriormente asinaron un contrato con Postcard Records, o selo fundado por Daly e Alan Horne, publicando unha serie de aclamados sinxelos en 1980 e 1981.[1][3] A banda gravou o seu álbum de estrea, Sorry for Laughing, en 1981 nos Castle Sound Studios en Pencaitland, pero foi abandonado ao quedar a banda pouco contenta coa produción limpa e puída. Haig describíuno como se soase "chan e desinfectado", editando só unhas poucas copias. O grupo regresou ao estudio en Bélxica para gravar The Only Fun in Town, optando por un son máis "ao vivo" e gravando todo o traballo en dous días. Haig posteriormente expresou un certo grao de arrepentimento dicindo: "decidimos facer un disco case inaudible coas voces mesturadas moi baixo". Foi o seu único álbum mentres estiveron xuntos, e aínda que funcionou ben na lista independente británica, tivo unha pobre recepción da crítica. O seu anterior traballo Sorry For Laughing foi finalmente lanzado nunha reedición en CD no ano 1990 de The Only Fun in Town.[1]

A banda separouse antes de publicar o sinxelo de 1982 "The Farewell Single" a través do selo Les Disques du Crépuscule, que incluía a canción das Peel Sessions "The Missionary". Haig decidiu parar a banda mentres se atopaba nun pico de cratividade. Torrance uniuse a Boots for Dancing e posteriormente (con Weddell) formou The Happy Family con Nick Currie.[1] Haig inicou unha longa carreira en solitario, publicando unha serie de álbums a través do seu propio selo, Rhythm of Life, entre 1984 e 2008, mentres que Malcolm Ross uniuse a Orange Juice e despois tocou con Aztec Camera e Blancmange antes de iniciar unha carreira en solitario. Ross e Weddell reuníronse posteriormente en Magic Clan.[1]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
The Only Fun in Town 1981 Postcard Records

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Strong, Martin C. (2003) The Great Indie Discography, Canongate, ISBN 1-84195-335-0, p. 386
  2. 2,0 2,1 Larkin, Colin (1998) The Virgin Encyclopedia of Indie & New Wave, Virgin Books, ISBN 0-7535-0231-3, p. 232
  3. Reynolds, Simon (2005) Rip It Up and Start Again: postpunk 1978–1984, Faber & Faber, ISBN 978-0-571-21570-6, p. 349