José Viturro Ozores

José Viturro Ozores, nado en Boiro, foi un mariñeiro e sindicalista galego.

Infotaula de personaJosé Viturro Ozores
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mariñeiro de Cabo da Cruz, foi presidente da UGT de Castro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu na lancha San José nº 2 do Cabo de Cruz en xullo. Declarado fuxido e en rebeldía. Foi capturado en 1939 e xulgado por adhesión á rebelión en Ferrol na causa 8/1939. A sentenza do consello de Guerra foi cadea perpetua en 1941. Estivo preso na Illa de san Simón. Concedéronlle a liberdade provisional en xaneiro de 1943.[1]

Notas editar

  1. BOE, 1-3-1943, p. 1994.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar