José Veloso Mayo
José Veloso Mayo, coñecido como Trotsky, nado en Muros cara a 1886, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1886 ![]() Muros, España ![]() |
Alcalde de Muros | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
editarVeciño de Esteiro e carpinteiro. Militante de Izquierda Republicana. Logo do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Muros e cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era o alcalde interino de Muros. Logrou fuxir a Bilbao nos bous Santa Eulalia e Santa Rosa. Combateu no exército republicano. Foi detido en Santander. Prisioneiro de guerra, foi enviado ao Batallón de Traballadores número 26. Xulgado na Coruña por rebelión, fora declarado en rebeldía, e ao ser detido retómase o seu procesamento, sendo condenado a pena de morte, que foi conmutada por cadea perpetua, que finalmente quedou reducida a 12 anos de reclusión menor. Cumpriu condena nos Talleres Penitenciarios de Alcalá de Henares onde lle foi concedida a liberdade provisional sen a liberación do desterro en 1943.[1]
Predecesor: Manuel Tobío Romaní |
Alcalde de Muros 1936 |
Sucesor: Adolfo del Sel Portillo |
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- José Veloso Mayo na páxina web Nomes e Voces.