José Trigo

novela de Fernando del Paso

José Trigo é a primeira novela do escritor mexicano Fernando del Paso. Foi publicada no 1966 por Siglo XXI Editores, gañando o premio Xavier Villaurrutia dese mesmo ano. Foi incluída na lista das 100 mellores novelas en castelán do século XX do xornal español El Mundo. A obra narra a historia dun home que vai aos campamentos do ferrocarril de Nonoalco-Tlatelolco na procura dun individuo chamado José Trigo. Durante a súa busca, introdúcense outras historias relacionadas coa guerra dos cristeiros e coa folga do ferrocarril de 1959, contadas por personaxes como Buenaventura, Bernabé, don Pedro o carpinteiro, Anselmo ou Guadalupe.

José Trigo
Autor/aFernando del Paso
OrixeMéxico
Lingualingua castelá
EditorialSiglo XXI
Data de pub.1966
editar datos en Wikidata ]

Publicación editar

Este libro publicouse durante o chamado boom latinoamericano, xunto con obras como La muerte de Artemio Cruz (1962) de Carlos Fuentes, Oficio de tinieblas (1962) de Rosario Castellanos, Rayuela (1963) de Julio Cortázar ou Cien años de soledad (1967) de Gabriel García Márquez.

Del Paso comezou a escribir a súa novela no 1958, e tardou oito anos en rematala. O autor realizou unha extensa busca en xornais e textos sobre a guerra cristeira, a folga do ferrocarril ou a mitoloxía náhuatl.[1]

Notas editar

  1. Álvarez Lobato 2009.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Álvarez Lobato, Carmen (2009). La voz poética de Fernando del Paso: José Trigo desde la oralidad (en castelán). El Colegio de México. ISBN 9786074620320.