José Suárez Duque
José Suárez Duque, nado na Coruña en 1872 e finado na mesma cidade o 17 de setembro de 1923, foi un sindicalista, xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1872 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 17 de setembro de 1923 ![]() A Coruña, España ![]() |
Causa da morte | tuberculose ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, sindicalista, escritor ![]() |
Traxectoria
editarCarpinteiro de ideario anarcosindicalista, foi membro da directiva da Sociedad de Obreros Carpinteros La Emancipación dende a súa creación en 1895. Un dos cadros máis sinalados da Federación Sindical Obrera, participou nun mitin de controversia co socialista José Rodríguez en 1901. Implicado no asasinato do presidente da patronal coruñesa (1906), trasladouse a Xixón, onde coñeceu a Ricardo Mella e Eleuterio Quintanilla e dirixiu o periódico Tiempos Nuevos. Despois marchou a Francia desde onde enviou crónicas a La Voz del Obrero asinadas co pseudónimo Celso Dotet. Representou ao anarcosindicalismo coruñés no Congreso Sindical de Londres (1913) e na Conferencia Nacional Anarquista de Barcelona (1918). Retornado a Coruña en 1920, foi elixido secretario da Confederación Rexional Galaica constituída o 21 de agosto de 1922 no Salón "Ideal Cinema" de Vigo. Dirixiu Solidaridad Obrera, o voceiro da CRG. Faleceu de tuberculose un ano despois.
Obras
editar- Una sociedad que muere, 1901 (teatro).
- La muerte de un partido, 1913.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. pp. 251–252. ISBN 84-87783-79-1.