José Souto Vilas
profesor e industrial galego
José Souto Vilas, nado en Campo (Arzúa) en 1902 e finado na mesma parroquia o 16 de setembro de 1966, foi un profesor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1902 ![]() Campo, España ![]() |
Morte | 16 de setembro de 1966 ![]() Campo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | profesor de ensino secundario , industrial ![]() |
Familia | |
Irmáns | Manuel Souto Vilas e Jesús Souto Vilas ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Francisco Souto Eirín e Generosa Vilas Filloy. Licenciado en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi axudante de clases prácticas da USC (1925-1926), catedrático de Física e Química no Instituto de Vilafranca del Penedès e dende 1939 no Instituto de Ourense, do que foi vicedirector. Xunto cos seus irmáns constituíu a empresa hidroeléctrica Souto Vilas, construíndo unha pequena central en Ponte Carreira. Finou en Arzúa o 16 de setembro de 1966.[1]
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Región, 6-11-1966, p. 6.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cascón Rodríguez, Armando F. (2005). Arzúa na memoria. Espello histórico dunha terra. Deputación da Coruña. p. 203. ISBN 84-9812-018-7.