José Sarmiento Ozores

José Sarmiento Ozores, nado en 1861 e finado en 1937, foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaJosé Sarmiento Ozores

Traxectoria editar

Fillo de José María Sarmiento Zelaya y Sotomayor. Foi nomeado fiscal municipal de Tui en xuño de 1893.[1] Foi elixido concelleiro de Tui en novembro de 1893,[2] e tomou posesión como alcalde de Tui o 1 de xullo de 1885. Volveu ser nomeado alcalde por Real Orde en 1902,[3] cesando o 31 de decembro do ano seguinte. Foi deputado provincial polo distrito de Vigo-Tui (1913-1922). Foi nomeado gobernador civil de Guadalaxara en xuño de 1920.[4] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado xuíz municipal de Tui en febreiro de 1937.[5]


Predecesor:
Venancio Lorenzo
  
Alcalde de Tui
 
1895 - 1903
Sucesor:
José García Rodríguez

Vida persoal editar

Casou con Concepción Román e foi pai de Pura Sarmiento Román.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 15-6-1893, p. 1.
  2. La Voz de Galicia, 25-11-1893, p. 1.
  3. El Correo Gallego, 4-1-1902, p. 1.
  4. El Correo Gallego, 3-6-1920, p. 8.
  5. El Progreso, 7-2-1937, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Taboada Moure, Pablo (1987). Las élites y el poder político. Elecciones provinciales en Pontevedra (1836-1923). Pontevedra: Deputación Provincial. ISBN 84-505-6436-0.