José Romero Carreira

aviador e militar galego

José Romero Carreira, nado en Solbeira (Viana do Bolo), foi un aviador militar e intérprete galego.

José Romero Carreira
Nacementoanos 1910
 Solbeira
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiloto de guerra e tradutor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Dirixente de UGT en Ourense. Na guerra civil española alistouse no Partido Comunista e foi comisario político do V Rexemento. Foi enviado polo goberno da República á URSS a formarse como piloto de aviación[1], e combateu contra os alemáns na segunda guerra mundial. Estivo interno nun campo de concentración da URSS, e en 1952 foi xulgado por sumarse a unha folga de fame. Foi liberado en 1954, e embarcou no buque Semiramis dende o porto de Odessa xunto a membros da División Azul.

Regresou a Galicia e marchou vivir a Madrid e fíxose intérprete nunha axencia de viaxes[2]. Logo foi funcionario do Instituto Nacional de Previsión.

NotasEditar

  1. Tereixa Constenla (13 de setembro de 2010). "Aterrizaje forzoso en el gulag". El País (en castelán). 
  2. Carmen Villar (12 de decembro de 2010). "El cautiverio de un gallego en el gulag". Faro de Vigo (en castelán). 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Calvo Jung, C. (2010). Los últimos aviadores de la República. La cuarta expedición a Kirovabad. Ministerio de Defensa de España. 

Ligazóns externasEditar