José Ramón Dacosta González

futbolista galego

José Ramón Dacosta González, nado o 21 de setembro de 1974 en Ourense, é un exfutbolista galego que xogaba na demarcación de defensa.

Modelo:BiografíaJosé Ramón Dacosta González
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,80 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Hércules CF
  Celta de Vigo

Traxectoria

editar

Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo, xogando no filial entre 1993 e 1997 agás un ano que saíu cedido ao CD Ourense, onde xogou a moi bo nivel. Xa de volta en Vigo adestrou numerosas veces co primeiro equipo e chegou a debutar en Primeira División, porén ao final de tempada foi traspasado ao Deportivo Alavés.

No equipo vasco realizou unha gran tempada axudando ao equipo a ascender a Primeira, pero ao remate da tempada cambiou de equipo e fichou polo Hércules CF. Onde non tivo a continuidade que esperaba e non rematou a tempada, recalando no Cádiz CF, onde seguiu sen atopar o seu mellor fútbol.

No ano 2000 volveu ao CD Ourense onde xogou sete anos, ata que en 2007 ficha por outro equipo da cidade o Ponte Ourense CF. Na tempada 2008/09 xogou no CD Arenteiro e a tempada seguinte, a que sería o seu último ano coma xogador profesional, no AD Covadonga.

Unha vez retirado comezou a adestrar ao xuvenil do CD Arenteiro, chegando a dirixir o primeiro equipo.

Coa selección de fútbol

editar

No ano 2005 foi convocado pola selección de fútbol de Galicia para disputar un encontro amigábel ante Uruguai no estadio de San Lázaro, o resultado foi de 3-2 para Galiza.