José Pazó Montes
José Pazó Montes, nado en Pontevedra o 16 de agosto de 1902 e finado en 1978, foi un aviador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de agosto de 1902 Pontevedra, España |
Morte | 1978 (75/76 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | aviador |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarCanda González Gil, cofundou unha pequena fábrica de avións, a G.P., coa que subministraron 40 aparellos ao goberno da república.
Na Guerra Civil Española, o 24 de setembro de 1936, aproveitando unha misión urxente para enviar recambios a Barcelona, evadiuse de Cuatro Vientos, Madrid, na zona republicana, tentando aterrar primeiro en Villanubla, Valladolid, na zona nacional, onde foi rexeitado a tiros debido as cores do seu aparato. Dirixiuse daquela cara a Pontevedra, onde tentou aterrar na Xunqueira, impedíndollo unhas vacas que estaban pastando, aterrando finalmente, ao límite de combustible, na praia da Lanzada.[1]
Foi membro do Corpo de Enxeñeiros Aeronáuticos do Exército do Aire de España, Coronel Secretario Xeral do Ministerio del Aire de España e, de 1950 a 1959, presidente de Aviaco.[2]
Ascendeu a Xeneral en 1965. Acadou o emprego de Xeneral de Brigada e foi Director Xeral de Industria e Material ata 1967, ano no que se suprimiu o cargo.[3]
Notas
editar- ↑ García Soto, Nicolás: "El vuelo de Pazó hasta La Lanzada en 1936" Arquivado 26 de xuño de 2015 en Wayback Machine. El Correo Gallego, 27/9/2009 (en castelán).
- ↑ "Pontevedra fue la única ciudad sin aeropuerto de España que tuvo una subdelegación aérea desde 1955..." Faro de Vigo, 14/7/2013 (en castelán).
- ↑ Decreto 3079/1967, BOE.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pazó Giménez de la Espada, Alejandro: El vuelo de José Pazó. La trayectoria de un ingeniero y aviador militar en el siglo XX,[1] 209 pp. Galland Books, 2013
Ligazóns externas
editar- Martínez Cabeza, José Antonio: Conferencia sobre José Pazó Montes Fundación Aena, Universitat Politècnica de València, 18-12-2013.