José Pérez Serer

futbolista español

José Pérez Serer, nado en Quart de les Valls (provincia de Valencia) o 4 de maio de 1966, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol que xogaba na demarcación de defensa.

Pepe Serer
Información persoal
Nome José Pérez Serer
Nacemento 4 de maio de 1966
Lugar de nacemento Quart de les Valls
Altura 187 centímetros
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1987-1988 FC Barcelona B 64 (4)
1988-1989 FC Barcelona 1 (0)
1989-1993 RCD Mallorca 101 (1)
1993-1995 Valencia CF 40 (0)
1995-2000 Villareal CF 79 (0)
Adestrador
2012 FC Kairat
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona, con cuxo primeiro equipo debutou o 30 de outubro de 1988, porén este sería o único encontro que disputou co Barcelona.

O resto da súa carreira trascurriu no RCD Mallorca, Valencia CF e Villareal CF, alternando Primeira e Segunda División.

Unha vez retirado do fútbol en activo traballou como adestrador, dirixindo ao FC Kairat de Casaquistán no ano 2012. O 19 de febreiro de 2013 ficha polo Celta de Vigo como segundo adestrador de Abel Resino[1].

Notas editar

  1. Antonio Estévez (26 de febreiro de 2013). "Pepe Serer guía la senda hacia la permanencia". Marca (en castelán).