Nelson Santos Argibay
Nelson Santos Argibay, nado no Porriño en 1956, é un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Nelson Cándido Santos Argibay ![]() 1956 ![]() O Porriño, España ![]() |
![]() | |
2010 – 2015 ← Raúl Francés – Eva García de la Torre → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político, empregado de banca ![]() |
Traxectoria
editarDirector dunha entidade bancaria no Porriño. En 2003 o número 2 da candidatura de Independentes de Porriño, encabezada por Gonzalo Ordóñez Puime, e foi elixido concelleiro. Dito grupo apoiou a elección do candidato do BNG Raúl Francés como alcalde da localidade, mais mantívose na oposición. En outubro de 2005 abandonou xunto con outro compañeiro o grupo municipal de IdeP. En 2007 encabezou a candidatura de Ciudadanos Por Porriño (CxP) que conseguiu 3 concelleiros, sendo a terceira forza política tralo BNG e o PPdeG. A súa negativa a apoiar ós populares na investidura facilitou que os nacionalistas revalidasen a alcaldía como lista máis votada. En febreiro de 2010 foi elixido alcalde despois da moción de censura que presentou o seu grupo xunto con Independientes do Porriño e o PPdeG, e que supuxo a integración da súa formación e de IdeP nas filas populares[1]. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG, obtivo a maioría absoluta e foi reelixido alcalde. En marzo de 2013 foi imputado por unha presunta contratación irregular[2]. En 2015 perdeu a maioría absoluta e cedeulle a alcaldía á socialista Eva García de la Torre, a cal logrou o apoio dos demais grupos da corporación. Tralo anuncio de apertura de xuízo oral en maio de 2017 presentou a súa renuncia como concelleiro. En xuño 2018 resultou finalmente absolto.
Predecesor: Raúl Francés Rodríguez |
Alcalde do Porriño 2010 - 2015 |
Sucesor: Eva García de la Torre |
Notas
editar- ↑ "A dereita consuma no Porriño o asalto ao poder". www.vieiros.com. Consultado o 2020-04-06.
- ↑ Nelson Santos declarará como imputado el 5 de abril por las contrataciones en O Porriño