José Mouriño Cuba

enxeñeiro técnico, biólogo e escritor galego

José Mouriño Cuba, nado en Lousada-Xermade o 25 de novembro de 1948, é un enxeñeiro técnico agrícola, biólogo e escritor galego.[1]

Infotaula de personaJosé Mouriño Cuba
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Lousada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro , biólogo , escritor Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou no Instituto Nacional de Ensino Medio de Lugo e na Escola de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo, Traballou no Instituto Nacional de Reforma de Desenvolvemento Agrario en Ourense, en Santiago no IRYDA, participando en proxectos de concentración parcelaria. Tamén estudou Bioloxía e Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Accedeu ao Corpo Especial de Enxeñeiros Agrícolas do Estado, en Ourense, Bilbao e Lugo. Despois accedeu ao Corpo Superior Facultativo da Xunta de Galicia, na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria como biólogo.[2]

Participou na creación das denominacións de orixe de Galicia,[3] representou o Ministerio de Agricultura no Consello Regulador do Ribeiro e no de Valdeorras. Foi delegado do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e profesor dos I Cursos de Inspectores Medioambientais de Galicia. Tamén foi Xefe do Servizo de Industrialización e Promoción Agroalimentaria da Consellaría de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural en Lugo.[2] Foi cofundador das I Xornadas Agrarias de Ourense.[4]

Ten colaborado en El Progreso,[5] La Voz de Galicia, La Vanguardia, Fronte e cocote, Comunidade Escolar, Semana Vitivinícola etc.

Obra editar

Premios e recoñecementos editar

  • Embaixador do Queixo do Cebreiro[6]
  • Comendador da Orde da Alquitara.
  • Billó de Ouro.[7]
  • Lacón Galego
  • Embaixador do Queixo do Cebreiro
  • Proposto como Fillo Predilecto de Xermade en 2022[1] e nomeado en 2023.[8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Proponen a José Mouriño Cuba como hijo predilecto de Xermade". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-10-20. Consultado o 2023-09-10. 
  2. 2,0 2,1 "José Mouriño Cuba Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-09-10. 
  3. X.M.F (2022-05-13). "“Ribeira Sacra foi un dos primeiros proxectos contra a Galicia baleirada”, José Mouriño, artífice da D.O. Ribeira Sacra". Xornal de Lemos. Consultado o 2023-09-10. 
  4. 4,0 4,1 "Ribeira Sacra. Origen y evolución de la Denominación de Calidad". BELAGUA EDICIONES (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2023. Consultado o 2023-09-10. 
  5. Lugo, El Progreso de. "El Progreso de Lugo: Periódico líder de Lugo y su Provincia". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-09-10. 
  6. XA, Por Redacción. "Xermade recoñece a José Mouriño como Fillo Predilecto". Galiciaxa.com. Consultado o 2023-09-10. 
  7. "San Simón" (PDF). mediorural.xunta.gal. 
  8. Xermade, Secretaria. "Nomeamento de José Mouriño Cuba como fillo predilecto do Concello de Xermade – Concello de Xermade". Consultado o 2023-09-10.