Abrir o menú principal

José Millán Astray

avogado, político e xornalista galego

José Millán Astray, nado en Santiago de Compostela cara a 1850 e finado en Madrid o 7 de novembro de 1923, foi un avogado, político e xornalista galego.

José Millán Astray
1906-Jose-Millan-Astray-retrato.jpg
Nacemento1850
 Santiago de Compostela
Falecemento7 de novembro de 1923
 Madrid
SoterradoCemiterio de La Almudena
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado, xornalista, escritor e funcionario
FillosJosé Millán-Astray e Pilar Millán Astray
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Participou na revolución de 1868 e ingresou en 1870 como funcionario no Ministerio de Graza e Xustiza en Madrid. En 1872 marchou a Ourense para traballar na Delegación de Facenda. Ao ano seguinte foi destinado a Pontevedra no Ministerio de Gobernación. En 1876 foi nomeado catedrático do Instituto da Coruña e tamén secretario da Xunta de Obras do Porto. Colaborou en Diario de Avisos, en 1880 fundou e dirixiu o semanario El Domingo e en 1882 colaborou en La Semana e entrou a formar parte da redacción da La Correspondencia de España. En 1894 foi nomeado Secretario xeral do Goberno da Illa de Cuba. Foi nomeado director do Penal de Santoña en 1897 e posteriormente do Cárcere Módelo de Madrid. Colaborou en El Día.

ObrasEditar

É autor de varias zarzuelas: Una calavera con suerte, con música de Martín Fayes, En la playa, con música de Enrique Lens, Bailén e Rosalía; e da comedia Luchas eternas. En 1879 obtivo un accésit nos xogos florais de Ferrol con La protesta de Pedro Padrón. Posteriormente publicou Memorias de Millán Astray, no que dá unha visión da vida na España da Restauración cun catálogo dos tipos criminais e pequenos delincuentes da época.

Vida persoalEditar

Casou con Pilar Terreros Segade e foi pai do militar José Millán-Astray e da escritora Pilar Millán Astray. Tivo outras dúas fillas, María de la Peregrina e Rosa. Foi soterrado no cemiterio de La Almudena.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar