José Menese

cantante español

José Menese Scott, nado en La Puebla de Cazalla (provincia de Sevilla) o 3 de decembro de 1942 e finado no mesmo lugar o 29 de xullo de 2016, foi un cantaor de flamenco andaluz.[1]

José Menese
Nacemento3 de decembro de 1942
Lugar de nacementoLa Puebla de Cazalla
Falecemento29 de xullo de 2016
Lugar de falecementoLa Puebla de Cazalla
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantante
PremiosPremios Ondas 1996
Na rede
IMDB: nm8315207 Musicbrainz: 21b5216a-34d3-406f-8d47-aee17aa8a5ea Songkick: 2072084 Discogs: 2753738 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Menese criouse na súa vila natal, onde o seu pai exercía o oficio de zapateiro. Comezou cantando na súa localidade natal como afeccionado, en locais como o Bar Central.

En 1959, Antonio Mairena presentouno no seu debut no Cine Carretería de Osuna. A principios da década de 1960 foi presentado no mundo cultural madrileño polo pintor Francisco Moreno Galván, tamén orixinario de La Puebla de Cazalla. Posteriormente pasou a formar parte do elenco de artistas do coñecido taboado flamenco Zambra.[2]

A relación de Menese con Moreno Galván foi moi prolongada, e foi este quen creou a maior parte das letras dos seus discos posteriores. O contido destas letras, cun profundo contido social e, nalgunhas ocasións, tamén político, lle significou a inimizade das autoridades do réxime franquista, aínda que estas nunca acharon escusa nas coidadas letras de Moreno Galván para exercer a censura sobre elas.[3] De entre estas letras destacan, entre outras, «Que ben me soa o teu nome», onde se denuncia o mal uso da palabra guerrilleiro por parte dun grupo terrorista de ultradereita de finais do franquismo coñecido como Guerrilleros de Cristo Rei:

Considérase a José Menese como o herdeiro natural de Antonio Mairena, aínda que Menese conseguiu desprenderse de calquera influencia estilística para desenvolver o seu propio estilo no cante flamenco, o que unido a unha voz clara e desgarrada, convertéronlle nun dos cantaores flamencos de máis importancia do século XX.[4]

A pesar de non pertencer á etnia xitana, José Menese fai gala dunha potente voz cuxos matices lembran aos grandes cantaores xitanos, especialmente a Antonio Mairena. Menese é un cantaor ortodoxo que sempre respectou os esquemas clásicos do flamenco, rexeitando no seu repertorio innovacións como as que outros artistas introduciron no cante de finais do século XX. A pesar diso, foi o primeiro artista flamenco en levar o cante a escenarios como o Teatro Olympia de París (1973 e 1974) ou mesmo ao Auditorio Nacional de Música de Madrid (1991).[5]

Premios e recoñecementos Editar

[4][6]

  • 1965 - Premio de Honra "Tomás el Nitri" do Concurso de Cante Flamenco de Córdoba
  • 1966 - Siguiriyas de Marbella
  • 1967 - Premio de Mairena de Alcor
  • 1968
    • -Popular do Diario Pueblo
    • -Premio Ondas da SER
    • -La Saeta de Oro de RNE
  • 1971
    • -La Saeta de Oro de Almería
    • Trofeo Lucas López
  • 1974 - Premio Nacional ao Cante da Cátedra de Xerez
  • 1987 - Premio Cabal de Prata, por votación popular, de RNE
  • 1992 - Compás del Cante
  • 1996 - Mención especial dos Premios Ondas
  • 1997 - Galardón Flamenco Calle de Alcalá y "Patriarca del Cante"

Discografía Editar

[6]

  • 1963 - José Menese
  • 1964 - Saetas
  • 1964 - José Menese
  • 1965 - José Menese
  • 1965 - Cantes de José Menese
  • 1967 - José Menese
  • 1967 - Cantes flamencos básicos
  • 1968 - Menese
  • 1969 - La Mariana
  • 1970 - Saetas de oro
  • 1970 - Renuevos cantes viejos
  • 1971 - Cando llegará el momento
  • 1971 - Romance de Juan García
  • 1971 - Cantes para el hombre nuevo
  • 1974 - Los que pisan la tierra
  • 1975 - Theâtre de l'Olympia
  • 1975 - Soleares del que nunca fue a Granada
  • 1975 - Festival flamenco gitano, vol 2
  • 1976 - La palabra
  • 1978 - Andalucía 40 años
  • 1981 - Mi cante a la esperanza
  • 1982 - Ama todo cuanto vive
  • 1985 - Cantes de ida y vuelta
  • 1987 - Puerta Rolda
  • 1993 - El vento solano
  • 1994 - Arte flamenco
  • 1995 - Recital Teatro Albéniz, 30 años de cante
  • 1995 - En el Albéniz
  • 1997 - El Flamenco Vive
  • 1997 - A mi madre  Remedios
  • 2000 - A Francisco
  • 2002 - La pureza del cante
  • 2005 - A mis soledades voy, de mis soledades vengo

Notas Editar

  1. García Reyes, Alberto (30 de xullo de 2016). "Muere José Menese, cantaor que cierra una generación irrepetible". ABC. Consultado o 30 de xullo de 2016. 
  2. Triste y Azul - José Menese.
  3. La Dinamo Arquivado 14 de agosto de 2016 en Wayback Machine. - José Menese.
  4. 4,0 4,1 500 aniversario de la Universidad de Sevilla - Concierto de José Menese y Antonio Carrión.
  5. De Flamenco.com - José Menese
  6. 6,0 6,1 A palo seco Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine. - José Menese.