Osuna
Coordenadas: 37°14′14″N 05°06′11″O / 37.23722, -5.10306
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Osuna é unha cidade e concello andaluz, da provincia de Sevilla. En 2007 tiña 17.698 habitantes, nunha área de 592 km².
SituaciónEditar
Osuna áchase situada no centro de Andalucía a 282 metros de altitude, nunha dilatada chaira da campina sevillana, que é irrigada polos ríos Salado e Peinado, tributarios do Corbones.O extremo sur é mais montañoso (serra de Algámitas). Atravésana as estradas A-92 e máis a Nacional IV. Dista 86 km da cidade de Sevilla.
HistoriaEditar
Osuna é unha cidade de grande antigüidade. Foi coñecida en época prerromana con o nome de Urso e Ursao. Os romanos nomeárona como Gemina Urbanorum. No 711 foi tomada polos árabes. O rei Fernando III de Castela conquistouna en 1239, cedéndoa en encomenda á orde de Calatrava. A mediados do século XV, foille recoñecido o señorío da cidade a Pedro Girón, comendador da orde. Xa en tempos do rei Filipe II este señorío pasou á calidade de ducado de Osuna. En 1548, o seu señor, Juan Téllez Girón, fundou a súa universidade, famosa sobre todo pola facultade de Teoloxía.
Patrimonio monumentalEditar
O templo relixioso de máis sona é a Colexiata, edificada entre 1534 e 1539, en estilo plateresco, con interesantes pinturas, frescos e esculturas. Dentro dela está a capela do Santo Sepulcro (1540), co monumento funerario dos duques de Osuna.
A Universidade, tamén de estilo plateresco, foi construída a partir de 1538.
A igrexa de San Domingos (Santo Domingo) posúe obras do pintor José Ribera e do tallista andaluz Juan de Mesa. A igrexa de Nosa Señora da Vitoria é do XVIII. No mosteiro da Encarnación destaca a súa decoración de azulexos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Osuna |