José María Vázquez Pérez

médico e político galego

José María Vázquez Pérez, nado en Carnós (A Arnoia) en 1931, é un médico e político galego do PPdeG.

Infotaula de personaJosé María Vázquez Pérez
Biografía
Nacemento1931 Editar o valor em Wikidata (92/93 anos)
A Arnoia, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Carballeda de Avia
Alcalde de Ribadavia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi médico na Arnoia e despois en Carballeda de Avia durante 15 anos, sendo nomeado alcalde nesta última localidade en 1971.[1] Pasou despois a Ribadavia en 1975.[2] Presentouse á alcaldía de Ribadavia nas primeiras eleccións democráticas por Coalición Democrática e foi elixido alcalde grazas ó apoio dos grupos de esquerdas en detrimento da UCD, que fora a forza máis votada. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de AP e foi a candidatura máis votada, pero sen maioría absoluta, polo que perdeu a alcaldía tras apoiar os demais grupos ó candidato de Coalición Galega Javier de Burgos Alfambra. Porén, tras presentar este último a súa dimisión en febreiro de 1984 consigueu recuperala alcaldía. Tras diversos enfrontamentos cos seus compañeiros non se presentou á reelección en 1987. Nas municipais de 1991 regresou como candidato do PPdeG e foi elixido alcalde co apoio de Centristas de Galicia. Porén, unha moción de censura co apoio de 2 edís de Centristas desbancouno da alcaldía o 26 de maio de 1992 en favor do socialista Miguel Fidalgo Areda.


Predecesor:
Julio Fernández Álvarez
  
Alcalde de Carballeda de Avia
 
1971 - 1975
Sucesor:
?


Predecesor:
Jaime Dávila Sánchez
  
Alcalde de Ribadavia
 
1979 - 1983
Sucesor:
Javier de Burgos Alfambra


Predecesor:
Javier de Burgos Alfambra
  
Alcalde de Ribadavia
 
1984 - 1987
Sucesor:
Miguel Fidalgo Areda


Predecesor:
Antonio Lorenzo Rodríguez
  
Alcalde de Ribadavia
 
1991 - 1992
Sucesor:
Miguel Fidalgo Areda


Vida persoal editar

Casou con María Natividad Orozco Martínez de Cestafe.

Notas editar

  1. La Región, 20-2-1971, p. 12.
  2. El Pueblo Gallego, 9-10-1975, p. 18.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar