José María Fenollera

pintor español
(Redirección desde «José María Fenollera Ibáñez»)

José María Fenollera Ibáñez, nado en Valencia o 10 de decembro de 1851 e finado en Santiago de Compostela o 6 de decembro de 1918, foi un pintor español, coñecido especialmente polos seus retratos.

José María Fenollera
Nacemento10 de decembro de 1851
Lugar de nacementoValencia
Falecemento6 de decembro de 1918
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Retrato de Rosalía de Castro.

Estudou na Escola de Belas Artes de San Carlos da súa cidade natal. Entre 1872 e 1877 estudou en Roma cunha bolsa da Deputación de Valencia canda a outros pintores como Sorolla ou Pinazo. Tras pasar por París para aprender a técnica do fotogravado, instalouse en Madrid, onde realizou cartóns para a Real Fábrica de Tapices e contribuíu á decoración do extinto Café de Fornos. En 1887 trasladouse a Santiago de Compostela, onde fixou a súa residencia e exerceu como catedrático na Escola de Belas Artes e mantivo unha estreita relación co movemento rexionalista.

Desta época destaca a súa actividade como retratista, pintando a personaxes tan célebres como Alfredo Brañas, Rosalía de Castro, Montero Ríos, José Carvajal Hué ou o cardeal Payá, e os sucesivos presidentes da Sociedade Económica de Amigos do País compostelá. Amais, pintou os frescos do paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela[1] cos bosquexos de Urbano González Varela. Acadou a medalla de ouro, con diploma de honor, na Exposición Rexional de 1909[2].

Notas editar

  1. "José María Fenollera" Arquivado 11 de abril de 2018 en Wayback Machine., artigo de José Manuel García Iglesias en El Correo Gallego, 28 de decembro de 2006 (en castelán).
  2. "Urge restaurar las pinturas de Fenollera" Arquivado 11 de abril de 2018 en Wayback Machine., artigo de Alfonso Fernández-Cid Fenollera en El Correo Gallego, 23 de agosto de 2006 (en castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar