José María Cabadas Vilar

canteiro e xornalista galego

José María Cabadas Vilar, nado en Millarada (Forcarei) e finado o 13 de marzo de 1967, foi un canteiro e xornalista galego.

Infotaula de personaJosé María Cabadas Vilar
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Millarada, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de marzo de 1967 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , canteiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Canteiro, foi secretario da Sociedad de Agricultores Defensa y Justicia de Millarada e membro da Federación de Agricultores y Oficios Varios de Forcarei. Fundou e dirixiu o periódico Acción Social (1923-1924), onde publicou artigos baixo o pseudónimo Canta-Claro. Colaborou tamén en Umia y Lérez. No franquismo foi practicante titular de Moaña. Finou o 13 de marzo de 1967 e foi soterrado na Viña.[1]

Vida persoal editar

Casou con Rosa Sieiro Vilar e foi pai de Eulogio Cabadas Sieiro.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 14-3-1967, p. 17.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar