Acción Social (Forcarei)
periódico de Forcarei (1923-1924)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Acción Social.
Acción Social foi un periódico editado en Forcarei entre 1923 e 1924.
Acción Social | |
---|---|
Fundación | 1923 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Forcarei |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Órgano mensual defensor de las Sociedades de Forcarey y sus contornos, apareceu en Forcarei en 1923. Fundado e dirixido por José María Cabadas Vilar. De tendencia agrarista, foi o voceiro da Federación de Agricultores y Oficios Varios de Forcarei. Contou co apoio dos emigrantes da Terra de Montes nos Estados Unidos de América e na Arxentina. Entre os seus colaboradores figuraron Manuel Martínez Díaz, con artigos en galego, e a moza de Presqueiras Dolores Cendán. Cesou a súa publicación o 31 de maio de 1924 coa ditadura de Primo de Rivera. Consérvanse 11 exemplares no Museo do Pobo Galego.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Acción Social". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.