José Manuel Lamela
José Manuel Lamela Piñeiro, nado no Valadouro en 1953, é un político galego do PPdeG, alcalde do Valadouro entre 2011 e 2013 e de novo dende o 19 de setembro de 2004[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1953 (71/72 anos) O Valadouro, España |
Alcalde do Valadouro | |
20 de setembro de 2024 – ← María José Fernández Díaz | |
Alcalde do Valadouro | |
2011 – 2013 (moción de censura) – Edmundo Maseda → | |
Actividade | |
Ocupación | político, industrial |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Traxectoria
editarIndustrial. Foi concelleiro no Valadouro polo PPdeG dende 1999.[2] Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía do Valdouro e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada.[3] Logo dunha moción de censura, en xuño de 2013 foi substituído na alcaldía polo socialista Edmundo Maseda.[4][5]
Retorno á alcaldía
editarNas eleccións municipais de 2015 e 2019, aínda que empatou a concelleiros coa lista socialista, quedou sempre por detrás en votos. Mais nas eleccións de 2023, sacou 4 concelleiros por 2 dos socialistas, e a alcaldía pasou a un tripartito de PSdeG-PSOE, BNG e UDIVAL, quen cun único concelleiro colleu a alcadía nas mans de María José Fernández.[6] Aos poucos, por mor das desavinzas entre a alcaldesa e o PSdeG-PSOE, a alcaldesa dimitiu e apoiou como alcalde a José Manuel Lamela, quen once anos despois retornou á alcaldía.[7]
Notas
editar- ↑ "O popular José Manuel Lamela xa é o novo alcalde do Valadouro". El Progreso. 19 de setembro de 2024.
- ↑ Redacción (30 de novembro de 2010). "José Manuel Lamela: «O noso obxectivo é seguir gobernando, pero a maioría vai estar difícil»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2024.
- ↑ Redacción (2011-05-24). "En Valadouro todos, excepto el BNG, se postulan para ser alcalde". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2024-08-13.
- ↑ Redacción/Axencias (10 de febreiro de 2014). "Una moción desbanca al PP de la alcaldía de O Valadouro". atlantico.net (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2024.
- ↑ Redacción (4 de xuño de 2023). "El PSOE se hace con la alcaldía de O Valadouro con una moción de censura". elpais.com (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2024.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2023-06-17). "O Valadouro estrena alcaldesa por primera vez en su historia con María José Fernández". El Progreso de Lugo. Consultado o 2023-10-13.
- ↑ Yáñez, Pablo (19 de setembro de 2024). "El popular José Manuel Lamela ya es el nuevo alcalde de O Valadouro". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 20 de setembro de 2024.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Artigo en El Progreso
- Entrevista Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine. en La Voz de Galicia
Predecesor: Eulogio Fernández Sampayo |
Alcalde do Valadouro 2011 - 2013 |
Sucesor: Edmundo Maseda |
Predecesor: María José Fernández Díaz |
Alcalde do Valadouro 2024 - |
Sucesor: no cargo |