José Luis Fondo Aguiar
José Luis Fondo Aguiar, nado en Ponteceso o 7 de abril de 1950, é un político galego do PPdeG.
José Luis Fondo Aguiar | |
---|---|
Nacemento | 7 de abril de 1950 |
Lugar de nacemento | Ponteceso |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
É arquitecto técnico. Foi candidato do PPdeG en Ponteceso nas municipais de 1991, situándose como a segunda forza máis votada tralo PSdeG-PSOE. Acadou a alcaldía en maio de 1993 mediante unha moción de censura que contou co apoio dos concelleiros do PSG-EG[1]. Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas eleccións municipais de 1995. Nas sucesivas eleccións volveu acadar a maioría absoluta ata que en 2015 perdeu a maioría e cedeulle a alcaldía ó socialista Xosé Lois García Carballido, que formou goberno con APIN e o BNG. Foi deputado provincial entre 1999 e 2007. Nas municipais de 2019 volveu encabezala candidatura popular e foi derrotado polo PSdeG-PSOE, que logrou a maioría absoluta, ante o cal non recolleu a acta e se retirou da primeira liña política.
Predecesor: Fernando Castro Villar |
Alcalde de Ponteceso 1993 - 2015 |
Sucesor: Lois García Carballido |