José Luis Fernández Mouriño
José Luis Fernández Mouriño, nado en Carral en 1962, é un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 ![]() Carral, España ![]() |
![]() | |
2003 – 2019 ← Juan Manuel Vales ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Carral ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Popular ![]() |
Membro de |
Traxectoria
editarFoi empresario do sector da panadería. Foi cabeza de lista do PPdeG en Carral dende 1991, sendo o portavoz do grupo municipal na oposición. En agosto de 2003 foi elixido alcalde de Carral por unha moción de censura contra o entón alcalde socialista, Juan Manuel Vales, co apoio de dous concelleiros nacionalistas. Pese a gobernar inicialmente en coalición con ditos edís, a partir de maio de 2004 fixoo en minoría tras destituílos. Nas eleccións municipais de 2007 regresou ao PPdeG, encabezou a súa candidatura á alcaldía de Carral e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 e 2015 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta.
Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a alcaldía en favor de Javier Gestal de Alternativa dos Veciños.[1] Volveu concorrer como candidato á alcaldía nas eleccións municipais de 2023, pero volveu ser derrotado por Gestal, que nesta ocasión logrou a maioría absoluta.
Foi deputado provincial entre 1997 e 2003, volvendo a selo novamente de 2007 a 2016 e de 2019 a 2021.
Predecesor: Juan Manuel Vales |
Alcalde de Carral 2003 - 2019 |
Sucesor: Javier Gestal |