José Luis Blanco Vicente

médico e político galego

José Luis Blanco Vicente, coñecido como Quintín, nado en Manzaneda o 8 de decembro de 1883 e finado en Madrid o 13 de novembro de 1966, foi un médico e político galego.

Infotaula de personaJosé Luis Blanco Vicente
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1883 Editar o valor em Wikidata
Manzaneda, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de novembro de 1966 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Manzaneda
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesQuintín Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou aos Estados Unidos de América en 1906, onde se fixo médico. Retornou a Manzaneda e exerceu como médico. En 1920 foi denunciado polo Colexio Médico de Ourense por exercer a medicina sen titulación.[1]

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era o alcalde de Manzaneda. Fuxiu, pero foi detido en Ourense o 5 de agosto.[2] Ingresou na Prisión do Partido de Tolosa o 30 de xullo de 1938, de onde foi trasladado á Prisión Provincial Donostia o 11 de novembro.[3] Foi intercambiado por presos nacionais o 22 de novembro de 1938 e pasou á zona leal.[4] Ao rematar a guerra exiliouse en Francia. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en novembro de 1941.[5]


Predecesor:
Juan Rodríguez Rodríguez
  
Alcalde de Manzaneda
 
1936
Sucesor:
?

Vida persoal editar

Casou en Perpiñán con Ladislaa Olagüe Goñi en 1940.

Notas editar

  1. "Un falso médico norteamericano", La Región, 11-2-1920, p. 1.
  2. El Ideal Gallego, 22-8-1936, p. 3.
  3. Ficha en Tolosa Oroimena
  4. Ficha no Centro Documental da Memoria Histórica
  5. BOE, 3-12-1941, p. 4471-4472.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar