José Luis Bilbao

político español

José Luis Bilbao Eguren, nado en Bilbao, Biscaia o 24 de xaneiro de 1957, é un político vasco, foi presidente da Deputación Foral de Biscaia entre 2003 e 2015.

Infotaula de personaJosé Luis Bilbao

(2008) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1957 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Deputado Xeral de Biscaia
30 de xuño de 2003 – 1 de xullo de 2015
← Josu Bergara EtxebarriaUnai Rementeria → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaGetxo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco - economía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , economista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco (1976–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá, lingua éuscara e lingua francesa Editar o valor em Wikidata

Naceu no seo dunha familia nacionalista vasca do barrio de Matiko, en Bilbao. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade do País Vasco. Afiliado ao Partido Nacionalista Vasco desde 1976, foi nos seus inicios responsable da organización xuvenil do partido, Euzko Gaztedi (EGI).

Carreira política editar

Foi elixido membro das Xuntas Xerais de Biscaia polo PNV nas eleccións forais de 1983. Dende entón desempeñou diferentes responsabilidades na administración pública, particularmente no eido da Deputación Foral de Biscaia, dende Director de Orzamentos e Finanzas, até Deputado de Presidencia, pasando por Secretario Xeral do Deputado Xeral, Deputado de Agricultura ou de Promoción Económica, e presidente do Consorcio de Transportes de Biscaia.

Durante a última lexislatura de Josu Bergara como Deputado Xeral de Biscaia (1999-2003), José Luis Bilbao estivo a traballar internamente no partido a súa candidatura a sucederlle. Pouco coñecido polo electorado pero ben relacionado con Iñigo Urkullu, quen entón sucedera ao histórico Luis María Retolaza como home forte da executiva biscaíña do PNV, a que concentra o 80% da militancia do partido, Bilbao impúxose a outros nomes como José Anxo Corres, Karmelo Sáinz da Maza, alcalde de Leioa, ou Juan Luis Laskurain, ex deputado foral de Facenda e expresidente do Tribunal Vasco de Contas, que tamén aspiraban a suceder a Bergara.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar