José Jeremias Montero

practicante e político galego

José Jeremias Montero, nado en Santiago de Compostela en 1892 e finado na mesma cidade o 12 de novembro de 1944,[1] foi un practicante e político galego.

Modelo:BiografíaJosé Jeremias Montero
Biografía
Nacemento1892 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de novembro de 1944 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, enfermeiro Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 9541

Traxectoria

editar

Fíxose practicante en 1926. Na Segunda República foi nomeado practicante municipal de Santiago de Compostela en setembro de 1931. Foi vogal do Centro Republicano de Santiago de Compostela (1931),[2] tesoureiro do Centro Republicano Federal de Izquierda Gallega (1932),[3] e militou en Vanguardia de Izquierda Republicana.[4].

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado polos montes da Mahía. Foi detido en 1937 acusado de incitar aos gardas para botarse á rúa e intentar asaltar o cuartel de artillaría, acción que en realidade protagonizou o seu irmán Juan Jeremias Montero. Foi xulgado en Compostela por auxilio á rebelión o 20 de marzo de 1937.[5] Aínda que o fiscal solicitaba cadea perpetua, finalmente foi condenado a 9 anos de prisión.

Vida persoal

editar

Casou con María Arca Guerra. A súa única filla, Encarna Jeremias Arce, finou en abril de 1941 con 23 anos.[6]

  1. Necrolóxica en El Correo Gallego, 12-11-1944, p. 2.
  2. La Voz de Galicia 6-8-1931, p. 8.
  3. La Voz de Galicia, 9-2-1932, p. 9
  4. Tojo Ramallo, José Antonio (1990). Do Castro, ed. Testimonios de una represión. Santiago de Compostela Julio 1936 - Marzo 1937. Sada. p. 95. ISBN 84-7492-498-7. 
  5. El Eco de Santiago, 20-3-1937, p. 2.
  6. El Correo Gallego, 4-4-1941, p. 3.