Xosé I de Portugal
Xosé I de Portugal (nome completo: José Francisco António Inácio Norberto Agostinho de Bragança; 6 de xuño de 1714 - 24 de febreiro de 1777), alcumado "O Reformador" debido ás reformas que emprendeu durante o seu reinado, foi rei de Portugal da dinastía de Bragança dende 1750 ata a súa morte. Casou en 1729 con Mariana Vitoria de España.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1714 Lisboa, Portugal |
Morte | 24 de febreiro de 1777 (62 anos) Lisboa, Portugal |
Lugar de sepultura | Igrexa de São Vicente de Fora |
Monarca de Portugal | |
1750 – 1777 | |
Gran Mestre da Orde da Torre e Espada | |
Datos persoais | |
Outros nomes | O Reformador |
País de nacionalidade | Reino de Portugal |
Actividade | |
Ocupación | rei |
Lingua | Lingua portuguesa |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Casa de Bragança |
Cónxuxe | Mariana Vitoria de Borbón (1732–) |
Fillos | María I de Portugal, Maria Francisca Doroteia de Bragança (pt) , Maria Ana Francisca Josefa de Bragança (pt) , Maria Francisca Benedita de Bragança (pt) |
Pais | Xoán V de Portugal e Maria Ana de Áustria (pt) |
Irmáns | Maria Bárbara de Bragança, Rainha de Espanha (pt) , Alexandre Francisco de Bragança (pt) , Pedro, Príncipe do Brasil (pt) , Pedro III de Portugal, Gaspar de Bragança (pt) , António de Bragança (en) , José de Bragança (pt) e Carlos de Bragança (pt) |
Premios | |
Traxectoria
editarO reinado de Xosé I está especialmente marcado polas políticas do seu primeiro ministro, o Marqués de Pombal, que reorganizou as leis, a economía e a sociedade portuguesas, transformando Portugal nun país moderno. O 1 de novembro de 1755, Xosé I e a súa familia sobreviviran ao derrubamento do Pazo Real no Terremoto de Lisboa por se atoparen en Belém. Despois desta data, Xosé I gañou unha fobia de recintos pechados e viviu o resto da súa vida nun complexo luxosos de tendas no Alto da Ajuda, en Lisboa. Outro punto alto do seu reinado foi a tentativa de asasinato que sufriu o 3 de setembro de 1758 e o subsecuente proceso dos Távora. Os Marqueses de Távora, o duque de Aveiro e familiares próximos, acusados da súa organización, foron executados ou colocados no cárcere, mentres que a Compañía de Xesús foi declarado ilegal e os xesuítas expulsados de Portugal e das súas colonias.
Todo o reinado é caracterizado pola creación de institucións, especialmente no eido económico e educativo, co fin de adaptar o país ás grandes transformacións que estaban sendo operadas. Fúndase a Real Xunta de Comercio, o erario Rexio, a Real Mesa Censoria; refórmase o ensino superior, créase o ensino secundario (Colexio dos Nobres, Aula de Comercio) e o primario (mestres rexios); reorganizáse o exército. En materia de política exterior, D. Xosé conservouse na política de neutralidade adoptada polo seu pai. Ten en conta tamén, o corte de relacións coa Santa Sé, que durou 10 anos.
Descendencia
editarDe seu casamento, tivo catro fillas:
- D. Maria Francisca (1734-1816)
- D. Maria Ana Francisca (1736-1813)
- D. Maria Francisca Doroteia (1739-1771)
- D. Maria Francisca Benedita (1746-1829)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Biografía Arquivado 18 de outubro de 2017 en Wayback Machine. (en portugués)