José Gusmão
José Guilherme Figueiredo Nobre de Gusmão, nado en Lisboa o 20 de xullo de 1976, é un economista, activista e político portugués do Bloco de Esquerda (BE). Dende 2019 exerce de eurodeputado dentro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).
Nome orixinal | (pt) José Guilherme Figueiredo Nobre de Gusmão |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de xullo de 1976 (47 anos) Lisboa, Portugal |
Eurodeputado | |
Representa: Bloco de Esquerda 2 de xullo de 2019 – Lexislatura: IX lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Portugal (pt) Electo en: Eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 | |
Deputado da Asemblea da República de Portugal | |
Lexislatura: XI Legislatura da Terceira República Portuguesa (pt) Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Santarém (pt) Electo en: Eleccións lexislativas de Portugal de 2009 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Portugal |
Educación | Instituto Superior de Economia e Gestão da Universidade de Lisboa (pt) |
Actividade | |
Ocupación | político , economista |
Partido político | Bloco de Esquerda |
Lingua | Lingua portuguesa |
Traxectoria
editarNado o 20 de xullo de 1976 en Lisboa,[1] licenciouse en Economía polo Instituto Superior de Economía e Xestión (ISEG).[2] Activista en ATTAC, foi membro do Partido Comunista de Portugal (PCP).[2]
Electo polo Bloco de Esquerda (BE), foi deputado na XI lexislatura da Asemblea da República en representación de Santarém.[3]
Antigo asesor de Marisa Matias e membro do Comité Político do BE, foi incluído como candidato no número 2 da lista do partido de face ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 en Portugal.[4] Resultou elixido eurodeputado, integrándose no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL); asumiu unha vicepresidencia na Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios (ECON), converténdose tamén en membro da Delegación para as Relacións cos Estados Unidos (D-US).[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "José Gusmão". www.europarl.europa.eu. Parlamento Europeo.
- ↑ 2,0 2,1 "José Gusmão. Marisa Matias". Jornal de Madeira. 27 de maio de 2019.
- ↑ "José Gusmão". www.parlamento.pt. Asemblea da República.
- ↑ Pozos, José Pedro (16 de febreiro de 2019). "Europeias. José Gusmão é o número dois do Bloco de Esquerda". Observador.