José Giráldez
José Giráldez Maneiro, coñecido como Seso Giráldez, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) en setembro de 1933 e finado en Vilagarcía de Arousa o 14 de maio de 2016[1], foi un político galego e fundador do PSOE en Vilagarcía.
José Giráldez | |
---|---|
Nacemento | setembro de 1933 |
Vilagarcía de Arousa | |
Falecemento | 14 de maio de 2016 |
Vilagarcía de Arousa | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo dun mestre republicano que foi represaliado sen poder gañar unha praza definitiva, pasou a súa infancia seguindo á familia por Vilaxoán, Baión, Carballeda de Avia e Crecente ata que o pai conseguiu unha permuta co mestre do Carril. Traballou de oficial de xulgado en Vila de Cruces, Rianxo, Cambados, Bata (Guinea Española) e Villa Cisneros (hoxe Dakhla). Foi un dos fundadores do PSOE en Vilagarcía en 1976 e o primeiro secretario xeral. Foi candidato á alcaldía de Vilagarcía nas municipais de 1983. Foi elixido parlamentario pola provincia de Pontevedra nas eleccións autonómicas de 1985 polo PSdeG. Volveu ser elixido parlamentario autonómico nas autonómicas de 1989 e 1993.