José Díaz Lobelos

sindicalista e político galego

José Díaz Lobelos, coñecido como José de Xan de Siso, nado en Fisterra o 19 de maio de 1911, e finado na Arxentina en 2002, foi un sindicalista e político galego.

Infotaula de personaJosé Díaz Lobelos
Biografía
Nacemento19 de maio de 1911 Editar o valor em Wikidata
Fisterra, España Editar o valor em Wikidata
Morte2002 Editar o valor em Wikidata (90/91 anos)
Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJuan Díaz Lobelos Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mecánico naval, navegou na mariña mercante como primeiro maquinista. Membro do Sindicato de Oficios Varios da UGT, en 1936 foi nomeado concelleiro de Fisterra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso en Corcubión. Foi multado con 250 ptas en agosto de 1936. Fuxiu co seu irmán Juan no pesqueiro Cabo Finisterre o 18 de decembro de 1936 logrando chegar a Asturias, desembarcando en San Esteban de Pravia. Alí combateu no exército leal. Foi xulgado en Ferrol e declarado en rebeldía. Exiliouse en Francia. Por medio da Cruz Vermella Internacional puido trasladarse coa súa familia a Arxentina como refuxiado en 1950. Un ano despois reclamou o seu irmán Juan.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar