José Castro Aragón
José Castro Aragón, nado en Córdoba o 20 de decembro de 1947,[1] é un xuíz andaluz, especialmente coñecido pola instrución do caso Nóos[2][3] polo que foi implicado e condenado a cinco anos de cárcere o ex-duque de Palma e xenro do rei Xoán Carlos I Iñaki Urdangarin.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de decembro de 1947 Córdoba, Andalucía |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | Xuíz e xurista |
Período de actividade | 30 de xullo de 1976 - 19 de decembro de 2017 |
Premios | |
|
Traxectoria
editarIñantes de ser xuíz José Castro exerceu como funcionario de prisións.[4][5][6] Ingresou na carreira xudicial no ano 1976 e pasou por diferentes destinos como Dos Hermanas, Arrecife (Lanzarote) ou Sabadell,[4][7] até que no ano 1985 chegou a Mallorca asignado á Maxistratura de Traballo —os actuais Xulgados do Social—. Pasou cinco anos resolvendo asuntos relacionados con conflitos laborais, até que en 1990 recalou no Xulgado de instrución número 3 de Palma de Mallorca, aínda que durante un tempo tivo que compaxinar ambas as obrigacións.
Saltou á fama por ser o xuíz que instruíu a causa contra Jaume Matas,[7] antigo presidente do goberno autonómico das Illas Baleares. Dende 2010, cando comezou a instrución do chamado caso Nóos, gañou unha gran notoriedade entre a opinión pública. En 2013 converteuse no primeiro xuíz na historia de España que imputaba a un membro da Casa Real, a infanta Cristina de Borbón e Grecia.[4]
En decembro de 2017, Castro xubilouse, após 44 anos de xudicatura, 32 deles en Palma.[8]
Recoñecementos
editarNo ano 2018 recibiu o premio Ramon Llull, por ser un referente na loita contra a corrupción.[9]
Notas
editar- ↑ "José Castro - Noticias, reportajes, vídeos y fotografías" (en español). Libertad Digital. Consultado o 13 de abril de 2021.
- ↑ El Juez Castro imputa a Iñaki Urdangarin por sus presuntas estafas, Antena 3 (29 de decembro de 2011).
- ↑ Castro desea retrasar dos años su retiro para concluir sus casos. Xornal El País, 02/01/2015.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Castro, el azote de la corrupción que imputó por primera vez a miembros de la familia real, RTVE (4 de marzo de 2013).
- ↑ El magistrado al que la gente aplaude, El País (4 de marzo de 2012).
- ↑ José Castro Aragón, un juez famoso, muy a su pesar, La Voz de Galicia (3 de abril de 2013).
- ↑ 7,0 7,1 José Castro, el 'azote' de Matas, El Mundo (31 de marzo de 2010).
- ↑ "Se jubila José Castro, el juez que sentó a la infanta Cristina en el banquillo" (en castelán). Libertad Digital. Consultado o 13 de abril de 2021.
- ↑ Redacción (9 de febreiro de 2018). "El jutge Castro i el poeta Manel Marí, Premis Ramon Llull 2018". arabalears.cat (en catalán). Consultado o 13 de abril de 2021.