José Cao Cortiñas
José Faustino Cao Cortiñas, nado en Narón o 25 de outubro de 1909, foi un político galego.
José Cao Cortiñas | |
---|---|
Nacemento | 25 de outubro de 1909 |
Lugar de nacemento | Narón |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Fillo dun mariño mercante, aprobou o exame de ingreso no Instituto de Santiago en 1923. No Hospital Provincial de Compostela formouse como practicante. En 1926 obtivo o título oficial na Universidade de Santiago de Compostela. En outubro de 1927 embarcou para Buenos Aires como practicante. De regreso a Galicia, estivo afiliado ao Partido Federal Republicano de Ferrol de 1931 a 1934. Despois militou en Unión Republicana e foi director do semanario republicano Renovación (de xaneiro a xullo de 1935). Foi membro da Liga Racionalista. Fundador do Partido Sindicalista en Ferrol foi vicesecretario da Agrupación ferrolá, e o seu delegado no Comité da Fronte Popular. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, fuxiu e permaneceu agochado.[1] Presentouse en novembro de 1945, foi xulgado e condenado a 20 anos. Foi indultado en outubro de 1946. Participou nos traballos de reorganización da CNT clandestina en Ferrol. Foi detido en marzo de 1947 e condenado a un ano de cadea.
Notas Editar
- ↑ "Requisitorias" El Pueblo Gallego, 8-6-1937, p. 8.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Martí Boscá, José V.; Rey González, Antonio (2006). Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, ed. "“Batas negras” gallegos: sanitarios libertarios gallegos durante la segunda república y la guerra civil (1931-1939)" in A II República e a Guerra Civil. Actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria (PDF). Culleredo. pp. 280–281. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de decembro de 2013. Consultado o 17 de agosto de 2013.
Ligazóns externas Editar
- José Cao Cortiñas na páxina web Nomes e Voces.